Skip to Content

1º ciclo

SUMAS E RESTAS DE 2 NÚMEROS DE 2 CIFRAS (SEN LEVAR)

>Bos días nen@s:  

Recordade que sumamos ou restamos primeiro as unidades e logo as decenas. Sempre comezamos pola dereita e non vos olvidedes de colocar as unidades debaixo das unidades e as decenas debaixo das decenas. Aquí vos deixo dous enlaces a dous videos para que recordedes e repasedes como se fan as sumas e restas que estivemos dando ata o de agora.

https://www.youtube.com/watch?v=EUZAskPKDKg

https://www.youtube.com/watch?v=KrNOm1h7C_A

Recordade tamén o que explicamos na clase sobre os símbolos maior que, menor que e igual. Non vos olvidedes que que a boca do crocodilo sempre come ao número máis grande. Aquí tedes un video recordatorio:

https://www.youtube.com/watch?v=DaYOJ-JUdds

Un saúdo. A titora de 1º. Chus.

ACTIVIDADES REPASO PARA 1º PRIMARIA

Boas tardes a tod@s:  

Como hai pais que me estan pedindo máis traballo aqui tedes varios archivos con fichas de repaso e reforzo de matemáticas, linguas e ciencias socias y naturais para ir facendo cos nenos. Non son obligatorias nin van ser avaliables. Cada un que vaia facendo ao seu ritmo , non é necesario facelas todas. Seleccionade e imprimide as fichas que consideredes. 

Un saúdo e moitos bicos aos nenos de 1º.

 

XOGOS INTERACTIVOS DE INTERÉS PARA 1º PRIMARIA

Bos dias a todos:  

Como esta situación se vai a alongar un pouquiño máis no tempo, aqui tedes algúns enlaces a paxinas web de actividades interactivas que poden ser moi interesantes para repasar dunha forma máis divertida os contido de 1º Primaria cos vosos fillos.

Espero que pronto se solucione a situación que estamos a vivir.

Un saúdo e moitos bicos para os nenos.

A titora de 1º

Chus

  Paxina web Vedoque: nela podedes atopar actividades para todos os niveis educativos dende infantil ata 6º de primaria e de todas as áreas.

https://vedoque.com/sec.php?s=1

No seguinte blog podedes atopar moitisimas actividades interactivas de todas as áreas para os nenos de 1º primaria.

http://anabelenbelen6.blogspot.com/2011/01/lectoescritura-interactiva.html

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA 1º PRIMARIA

Bos dias a todos:

Aqui vos deixo algunhas suxerencias de enlaces para traballar de maneira interactiva contidos de matemáticas e linguas para os nenos e nenas de 1º Primaria. 

MATEMÁTICAS 1º:

Repaso das unidades e decenas, número anterior e posterior, comparación e ordenación de números, números pares e impares, series, escritura de números e sumas e restas.https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numer... 

LENGUA 1º:

Gramática: singular e plural, masculino e feminino, construcción de frases, sílabas, nomes e adxectivos, https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/gramatica/gra-primero

Vocabulario:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/vocabulario/voc-primero

Ortografía:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/ortografia/ort-primero

Comprensión lectora:

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas 

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA

Bos días a todos:

Estes días estamos a pasar por momentos complicados confinados todos nas nosas casas. Quero darvos moitos ánimos a todos e que tratedes de levar estas semanas o mellor posible.

En canto ao traballo para os nenos de 1º, o xoves levaron para casa os libros coas páxinas marcadas para traballar durante estes 15 días. Se esta situación se alonga no tempo irei mandando algunha cousiña máis. 

Ademáis  pídovos que leades todos os días un pouquiño cos vosos fillos para ir afianzando a lectura xa que van ser moitos dias sen asistir a escola. Podedes ler contos que teñades na casa, o importante é que lean todos os días un pouquiño. Colgo tamén unhas fichas de lectura por si queredes descargalas e utilizalas para ler cos nenos. Son as que estamos utilizando  na aula.

Tamén subo algunha ficha de repaso para reforzar os contidos que lles mandei aos nenos nos libros para que poidades imprimir na casa. A calidade non é moi boa debido a que están escaneadas do libro.

Os mestres especialistas (música, inglés, educación fisica,...) tamén irán enviando por abalar ou polos respectivos blogues os traballos a realizar polos nenos. A estes blogues podedes acceder dende esta páxina web ou dende o blog da biblioteca do cole.

Rogo que os pais/nais que non teñan a aplicación abalar descargada que o fagan na medida do posible posto que vai ser o medio de comunicación que se vai utilizar  coas familias a partir de agora e para esta situación en particular, xunto coa páxina web e os distintos blogues do centro.

Un saúdo e moito ánimo a tod@s!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut