Skip to Content

Blogues

Relixión

SEMANA  28 SETEMBRO/2 OUTUBRO

Ola nen@s, benvidos o novo curso 2020/21

 Como xa falamos na clase imos a seguir comunicándonos un pouquiño por ésta páxina polo que poida pasar ao longo do curso.

Imos a traballar tarefas moi sinxelas e intentaremos que divertidas , pois dado que temos pouco tempo na clase podemos aproveitar ésta plataforma para intentar pasalo ben o mesmo tempo que aprendemos .

6º primaria

Dúas cousiñas :

-           - mirade o seguinte video

https://www.youtube.com/watch?v=NsoBbjN2J30

      - completade o documento adxunto

Cuota Anpa e vantaxes

Se queres facerte socio da Anpa terás que cubrir un formulario

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScjazhtbS5ZGI6h4EV-YkvcFOZgkShmIZrPjB0i7OZ_3gyVQA/viewform?usp=sf_link

e facer o pago da cuota (20€ familia)

ademáis se fas uso do servizo de Plan Madruga, comedor ou actividades extraescolares, terás que facer o seguro escolar(7€ por neno/a curso)

Dende  a ANPA xestionamos :

o Plan Madruga,

o comedor escolar,

actividades Extraescolares,

adquisición do chandal escolar, etc. 

Dende o 2020 temos tendas colaboradoras,que fan descontos  aos socios presentando o carné da ANPA.

Este curso 2024/25 FAITE SOCIO !!

ANPA AS CHANS

BENVIDOS

Somos a Asociación de Nais  e pais de alumnos do

Ceip Plurilingüe San Bartolomé

Podes contactarnos no seguinte enderezo:

anpaaschansdetremoedo@gmail.com

 

 

Presidenta: Estrella Fernández Gándara

Secretaria: Estela Alfonsín Iglesias    

Tesoreira: Andrea Rivas Cores

Vocal: Eva María Valle Oubiña

Vocal: María Pilar Viñas Falcón

Solicitudes inscrición

No arquivo adxunto podedes descargar os formularios para a inscrición no comedor do alumnado.

MATERIAL 5º

CEIP   SAN BARTOLOMÉ

CURSO:   2024-2025

 

MATERIAL   (5º Nivel)

 

·       

2  Cadernos cuadriculados –5 mm de cuadrícula- grandes (Matemáticas e Ciencias Naturais-Ciencias Sociais).

·       

3 Cadernos raiados grandes (Lingua castelá, Lingua galega a terceira é para crear un anexo).

·       

2 libretas, unha para Francés (se impartirá en sesións de lectura) e outra para Relixión. (a mesma que tiñan o curso anterior).

·       

1 Paquete cartolinas  cor branca tamaño folio (A-4).

·       

Bolígrafos: azul, vermello e negro (recoméndase Bic normal).

·       

Lapis  nº2. (recoméndase Staedler)

·       

Goma de borrar nata. (recoméndase Staedler)

·       

Pegamento de barra. (recoméndase Pritt)

·       

Tesoira escolar.

·       

Caixa de Plastidecor de 18 ou 24 cores.

·       

Caixa de 18 rotuladores. (recoméndase Carioca)

·       

Regra (40 cm).

·       

1 carpeta tamaño folio para música (a do curso anterior).

·       

1 paquete 500 folios de 80g DIN A4. (recoméndase Navigator)

·       

1 carpeta clasificadora de fuelle e unha carpeta tipo sobre (para fichas de reforzo).

·       

2 rotuladores para pizarra blanca azul e negro. (recoméndase Bic ou Pilot- esta última marca dispón de recargas-)

·       

1 caixa de cartón tamaño zapatos para ter gardado a maior parte deste material dentro  da aula.

·       

2 caixas de panos desbotables (tipo tissue).

·       

1 pendrive.

·       

Axenda escolar.

·       

“Nouveau Défis 1” Méthode de français-Cahier d´exercices. ISBN 8431300369429

 

EDUCACIÓN FÍSICA:

-Chándal, roupa e calzado adecuado á práctica deportiva.

-Bolsa de tea que conteña:

*Botella de auga (co nome). Recoméndase que sexa reutilizable.

*Camiseta de recambio para o remate da sesión.

 

INGLÉS:

         -1 carpeta e 1 libreta grande (as mesmas do ano pasado).

 

Nota:

ü 

O material que teñen do curso pasado, non fai falla mercalo novo, se está en bo estado.

ü 

No caso de precisar algún reposto eles mesmos volo dirán ao longo do curso.

ü 

Se o alumnado non trae o material obrigatorio para EF non poderá realizar a sesión.

ü 

IMPORTANTE: TODO O MATERIAL E OBXECTOS PERSOAIS DEBEN VIR CO NOME DO ALUMNO.

HORARIO 1º CURSO E.P.

Ola de novo familias!

 

debido a que deben reducirse ao máximo as comunicación en papel, aproveito tamén para incorporar o horario semanal dos vosos fillos e fillas.

 

Tamén podédelo atopar como arquivo adxunto ao pé da páxina por si o queredes imprimir.

 

Un saúdo,

 

A profe Helena.

LISTAXE DE MATERIAL:1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Benvidas familias!

O meu nome é Helena e, este ano, vou a ser a titora dos vosos fillos/as (o luns día 15, na reunión que temos programada, xa nos coñeceremos en persoa). 

 

A continuación engádovos a listaxe do material que precisamos este ano; por un lado tedes o material que precisarán a nivel xeral (nas miñas materias) e por outro o material e as normas dos especialistas.

 

Se tedes algunha dúbida quedo a vosa disposición.

 

A profe Helena.

 

 NOTA: Tedes as imaxes da listaxe de material adxuntas (ao pé desta páxina) e as podedes abrir e descargar en alta calidade.

 

 

VACACIÓNS 3º CURSO

Ola rapaces!!

Xa chegaron as vacacións!!

Parabéns polo gran traballo que realizáchedes ó longo de todo o curso. Agora é o momento de descansar e disfrutar do verán.

A todos aqueles que teñades as celebracións da 1º Comunión, deséxovos que sexa un día moi feliz e que o disfrutedes moito.

Déixovos nos arquivos adxuntos "recomendacións" para o verán, non son obrigatorias nin haberá que envialas por correo nin presentalas en setembro, pero sí son unha boa maneira de adicar un tempo para repasar o aprendido.

Pasade un moi bo verán e coidarse moito!!

Un bico enorme da vosa profe Otilia, vémonos en setembro!!

Distribuir contido


by Dr. Radut