Skip to Content

Benvidos ao CEIP Plurilingüe San Bartolomé

Preme na imaxe- No vídeo poderás coñecer a nosa oferta educativa.

HORARIO PRIMEIRO DÍA

Infórmaselles de que o horario para o primeiro día de colexio será de 10:00h a 14:00h e que estarán dispoñibles os servizos de transporte escolar e comedor para todos os usuarios que xa cursaran solicitude con anterioridade.

Os novos usuarios de transporte escolar deberán cubrir o formulario dispoñible en conserxería especificando as paradas e días que farán uso do mesmo. Lembrámoslles que a falta de continuidade no uso do servizo pode ser causa de baixa no mesmo. Os membros que xa son usuarios deberán comunicar tamén a través dese formulario calquera modificación nas paradas ou días solicitados, se os houbese.

A partir do día 12 todos os servizos estarán dispoñibles, incluído o de Plan Madruga. Recordamos que OS NOVOS USUARIOS non poderáN facer uso dos mesmos sen cursar a solicitude para cada un deles (Comedor e Plan Madruga a través da ANPA).

SERVIZO DE COMEDOR E PLAN MADRUGA

Lembrámoslles ás familias que os servizos de comedor e Plan Madruga son xestionados pola ANPA, polo que é fundamental que contacten coa directiva para tramitar a alta como socios se queren facer uso destes servizos xa dende o primeiro día de clase.

Poden contactar no email anpaaschansdetremoedo@gmail.com

 

 

CONVOCATORIA REUNIÓNS GRUPAIS

Infórmaselles dos horarios das reunións de centro:

4º, 5º e 6º de EI:

luns 9 de setembro ás 12:30h nas aulas de E. Infantil.

Reunión xeral coa dirección do centro:

luns 9 de setembro ás 16:00h na aula multiusos.

Reunións grupais E. Primaria coas titoras:

luns 9 de setembro ás 16:30h nas aulas dos grupos correspondentes.

Cheques material e libros e listaxes de fondolibros

Infórmaselles de que teñen á súa disposición os cheques de libros para os cursos de 1º e 2º de E. Primaria así como os cheques de material para todo o alumnado beneficiario de E. Primaria.

Poden recollelos en conserxería en horario de 09:00h a 14:00h dende hoxe ata o venres 28 de xuño e a partir do luns 2 de setembro.

Por outra banda, comunícaselles que hoxe foron publicadas as listaxes provisionais de Fondolibros para os cursos de 3º e 4º de E. Primaria. O venres previsiblemente publicarase a listaxe definitiva e farase entrega dos mesmos ao inicio da actividade lectiva no mes de setembro.

LBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

No documento adxunto poden consultar e descargar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

Lembramos algúns dos momentos desfrutados na xornada de portas abertas, nas que as familias e o alumnado compartiron actividades, experiencias, xogos, ...

Vacantes curso 2024-2025

Infórmanse das plazas vacantes para o vindeiro curso 2024-2025. Lembren que o prazo de admisión ordinaria remata o día 20 de marzo. Poden presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou a través da aplicación Admisionalumnado da Xunta de Galicia.

 

CURSO

PRAZAS CUBERTAS

PRAZAS VACANTES

E. I.3- 4-5 anos

11

26+3NEAE

9

13+3NEAE

6

19

11

14

14

11

11

14

10

15

Prazo de admisión de alumnado curso 2024/2025

Desde o 1 ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2024/25 para todo o alumnado de nova incorporación ao centro.

Os trámites poderán realizarse vía telemática na aplicación informática no PORTAL EDUCATIVO ou tamén poden presentala no centro de forma presencial, descargando o impreso de admisión de alumnado ao que poden acceder nesa mesma aplicación.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro mércores 28 de febreiro terá lugar unha xornada de portas abertas durante o horario lectivo, ao que poderán asistir todos os membros da comunidade educativa para observar e participar, se así o desexan, nalgúns dos talleres, obradoiros e actividades que xa se veñen levando a cabo no centro dende hai algúns anos.

Aqueles aos que non lles sexa posible acudir en horario de mañá, serán recibidos o martes 27 ás 4:30.

Para calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

Agardámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut