A Longa Viaxe de Carambeliña Polar

in

Carambeliña Polar é unha pequena folerpa que vive cos seus amigos, a foca, o oso polar, o cuco Nilo e o avó Friolo nas terras do Norte. Un día recibe unha carta na que se lle dá noticia da existencia e do paradoiro das súas irmás Pingoletiña e Gasosa. A raíz deste descubrimento a protagonista emprende unha longa viaxe ás terras do Sur co fin de coñecelas.

A Fertilidade da Terra: Sementando Tempestades por Gustavo Duch

Cando teña decidido poñerse a cultivar, o primeiro ano recoméndase sentarse dúas veces ao día fronte á terra escollida. Observe atentamente como os raios do Sol inciden nas primeiras e nas últimas horas. Anote onde os paxaros gustan de picotear e se algúns aniñan preto. Sinta os olores que desprende a terra en primavera e compáreos coas fragrancias do inverno. Un ano completo para crer na terra e a súa infalibilidade. Un ano para sentirse a gusto con ela e entendela; nada máis.

O segundo ano, ou quizais un pouco máis, será fundamental e vostede demostrará xenerosidade para coa terra. Sen pedirlle nada de nada é o momento de abonala coa mellor materia orgánica dispoñible, ben compostada, al dente. A diferenza dos fertilizantes químicos que microasesinan a vida que a terra garda, os abonos naturais son investimentos que non esgotan nin se esgotan. Teña en conta, ademais, que numerosas experiencias demostraron cientificamente que gozar neste proceso mellora significativamente os resultados.

Durante todo este tempo é probable que moitas persoas -e algunhas con grande experiencia- ao pasar polo seu futuro horto se rían dos seus métodos e lle digan que está a perder rendibilidade. Recoméndase entón abrir longos diálogos con elas para compartir o seu proxecto, no que as ganancias serán alimentos sans, saúde para a Natureza e activación das economías e os afectos locais. Non é doado pero de novo, cónstanos, que sempre é posible.

Finalmente chega o momento de iniciar os cultivos que sempre atenderán ás necesidades do seu fogar e da poboación local. Non é o momento de ter grandes expectativas, senón coidado e paciencia, porque como calquera outro embarazo, ela -a terra- aínda necesita máis ca vostede. Auga, Sol e a súa presenza confiada e atenta son os nutrientes requiridos nesta fase de xestación.

É máis tarde cando, nun momento impredicible, a terra se revolve, toma forza e, sen que se saiba como se inicia un intercambio solidario entre ela, a terra/Terra, e nós, os seus semellantes.

Así o explica Vicent Bordera, facedor de moitas hortas e moitos máis campesiños e campesiñas. Hai que aprender a respectar antes que a esixir. O demais, vén todo rodado. Non temas, terás produción e será sa. Non será exuberante, pero asombrosamente constante. Superará os inconvintes climáticos; pragas e enfermidades serán problemas ocasionais dos que te poderás desprender con facilidade. E sobre todo, ti sentiraste unha persoa con máis vida.

"Esquecer como sachar a terra e coidar o chan é esquecernos de nós mesm@s" Mahatma Ghandi

A ruta máxica: As marabillas de Oia

Dez miradoiros naturais, nove conxuntos de petroglifos con máis de 4.000 anos de antigüidade -algúns únicos no continente europeo-, dous castros, fentos xigantes, as Sobreiras do Faro -o bosque mediterráneo máis occidental de Europa-, as afamadas pozas de Mougás e dúas fervenzas. Non todos os municipios poden presumir de tantos tesouros naturais e arqueolóxicos no seu territorio.

Se queredes saber máis clicade na imaxe.

Distribuir contido