QUERIDAS FAMILIAS:
O martes 1 de xuño convidámosvos a compartir con nós esta andaina no Rosal:
IMPRESO DE AUTORIZACIÓN
Grupo A (Infantil-1ºEP-2ºEP) |
Grupo B (3ºEP-4ºEP-5ºEP-6ºEP) |
09:15h Saída en autobús cara O Rosal.
10:00h Chegada á “Casa do Río”.
10:30h Ioga para familias e alumnado (45’)
11:15h Merenda.
11:45h Andaina en dirección ao parque das Aceñas.
12:30h Visita ao muíño das Aceñas. Opcional.
13:00h Volta no autobús á “Casa do Río” e despois ao colexio.
|
09:15h Saída en autobús cara O Rosal.
10:15h Chegada á desembocadura do Tamuxe e andaina ata as Aceñas.
11:00 Visita ao muíño das Aceñas.
11:30 Merenda e andaina ata a “Casa do Río”.
12:15 Ioga para familias e alumnado (45’)
13:15 Subida a autobús e volta para o colexio
|
Ante a actual situación COVID o Consello Escolar acordou as seguintes MEDIDAS SANITARIAS NO AUTOBÚS:
- Será obrigatorio levar a máscara posta en todo momento.
- Pediráselle á empresa de transporte o autobús máis longo do que dispoñan (55 prazas)e as ventás estarán sempre abertas para facilitar a ventilación.
- Farase unha planificación previa da ocupación dos asentos co fin de que cada crianza vaia sentada no mesmo sitio nos dous traxectos e a distancia interpersoal sexa a máxima posible.
- Co obxectivo de manter separados os dous grupos de convivencia dividirase o autobús en dúas zonas:
- Grupo A (Infantil - 1ºEP - 2ºEP): Subirá primeiro e pola porta dianteira. Ocupará os asentos próximos á persoa condutora.
- Grupo B (3ºEP - 4ºEP - 5ºEP - 6ºEP): Subirá pola porta traseira e ocupará os asentos do fondo.
Un saúdo A dirección