try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

grip a

Os equipos directivos,
para un mellor seguimento, control e prevención da gripe A, no seu centro
escolar deberán facer cumprir, en todo caso, as seguintes medidas:

 

1.     

O centro educativo nomeará un responsable
da pandemia
da gripe A, que preferentemente deberá ser un membro do equipo
directivo, e comunicaralle o seu nomeamento á Inspección Educativa do centro.

2.        

Cada equipo directivo, en función das características do propio centro e
da súa estrutura, deberá establecer uns procedementos de información e
divulgación dos protocolos de actuación, das medidas de prevención establecidas,
así como de toda aquela información precisa, para que esta chegue da forma máis
áxil posible a todos os membros da comunidade educativa.

3.        

O responsable da pandemia asegurarase
de que todas as persoas do centro coñecen o plan de actuación ante un posible
caso de gripe.

o      

Así mesmo, establecerá e difundirá os programas e os materiais coa
información básica sobre a pandemia (tales como os signos e síntomas da gripe e
as formas de contaxio), así como as medidas de prevención e control tanto para
individuos como para familias (que inclúan a hixiene das mans, cubrirse ao tusir
e esbirrar, os plans de continxencia etc).

o      

O responsable da pandemia no centro debe ter estudada a xestión dos
protocolos, así como a súa reforma segundo a situación do momento, onde están
colocados etc.

o      

Ofreceralles información sobre as páxinas web, teléfonos de consulta, etc dos servizos de saúde da Consellería de Sanidade aos membros
da comunidade escolar.

4.         

O centro actualizará, ao inicio do curso, os datos de contacto
telefónico (móbil, fixo) ou correo electrónico dos pais do alumnado, do profesorado
e do persoal do centro
para que, no caso de que sexa necesario, se poida axilizar a
comunicación con todos eles.

5.     

O persoal do centro deberá
prestarlle atención á saúde do alumnado e demais persoal, xa que as
características da infección por gripe A sons moi semellantes ás que presenta a
gripe estacional.

 

6.     

Garantirase
a subministración dos materiais de limpeza tanto para a hixiene persoal do
persoal do centro, como para a do propio centro escolar.

 

7.     

Solicitarase a colaboración dos pais para que, no
caso de que os seus fillos/as estean afectados de gripe, llo comuniquen ao
centro e permanezan na casa.