A XXII Conferencia das Partes da Convención do Cambio Climático comeza marcada polo resultado da cumbre precedente, celebrada na capital francesa: O Acordo de París.
Cen países ratificaron este convenio internacional que entrou en vigor o pasado día 4, abrindo unha nova era na loita contra o calentamento do planeta.
A Cumbre de Marrakech é a primeira reunión de alto nivel dos países firmantes.
A próxima semana,60 xefes de Estado e de Goberno participarán nesta cumbre, que finalizará o próximo 18 de novembro.