try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

23 de novembro: Día dos Bosques Autóctonos

O día dos Bosques Autóctonos xorde como unha iniciativa de diversas ONGs españolas e vénse celebrando desde fai máis de 10 anos. Esta iniciativa persegue, entre outros moitos obxectivos, potenciar a recuperación dos nosos bosques e evitar a súa desaparición, facer ver a importancia das especies autóctonas nos nosos bosques, suscitar a necesidade de recuperar espazos degradados da nosa península, incrementar a educación ambiental, e desvelar a problemática da propagación de especies alóctonas (non propias da Penísula Ibérica).