try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

As coplas dos MAIOS



































 


 


 


 


 


 


Os de 2º son coma rosas,


os de 3º e 4º son margaridas,


os de 5º e 6º dentes de león


e neste mes de maio todos flores son.


            1º ciclo EP  



 Xa chegou a primavera


despois de chover a feixes,


se chovera un mes máis


case seriamos peixes.


            EI


 


 


 


 


 


 Estes peques xa están cansos


despois de tanta canción,


só nos queda despedirnos


deste maio xoguetón.


            EI


 


 


 



 Chega maio todo florido


os maios imos celebrar


inventa unha copla


e con nós o poderás festexar.


            3º ciclo EP


 


 


 


Os maios son divertidos


e sempre estamos de festa


se ves ao noso cole


non durmiremos a sesta.


            3º ciclo EP


 

 

Nesta primavera


chegan as andoriñas


tamén debería chegar


moita ledicia.


            1º ciclo EP


 


 


 


Neste mes de maio


luce moito o sol,


tamén a túa cara


parece unha flor.


            1º ciclo EP


 


 


 


 


 


Con papá, mamá ou avós

tivemos que recoller:


o fiuncho, os pampullos


e as laranxas tamén.


           EI


 


 


 


 


 


 No mes de maio


vai moita calor


con moitas flores


e moita cor.


            1º ciclo EP