Onte despedíronse do cole os alumnos e alumnas de 6º curso, e prepararon o seu último programa de despedida. Dende o cole, só nos queda desexarvos o mellor, que foi un pracer convivir e aprender con vós estes anos e que, como di a canción, que voedes ben alto. A por todas!
Aquí podedes escoitar a entrevista que Nerea, Carla e Pablo D., de 6º, lle fixeron a Estela Rodríguez, violinista de A banda da loba. Esperamos que a disfrutedes.
Aquí deixamos unhas imaxes de como o alumnado de 5ºA realizou o programa sobre Os castros e a súa correspondente entrega de premios. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós!
Aquí podedes escoitar o programa especial de entrega de premios do concurso especial sobre Os castros, realizado pola clase de 5ºA. Noraboa aos gañadores e gañadoras, e a tod@s @s participantes por facelo tan ben!
Aquí podedes escoitar a conexión de radio especial que fixo o alumnado de 3º para dar a coñecer o nome dos gañadores e gañadoras do concurso especial sobre a actividade física. Esperamos que o disfrutedes.
Aquí podedes escoitar a conexión especial que o alumnado de 4º fixo para dar a coñecer o nome dos gañadores e gañadoras do concurso especial sobre China. Esperamos que o disfrutedes.
Aquí temos unha mostra de como o alumnado de 3º curso realizou o programa sobre a actividade física, e a súa correspondente entrega de premios. Esperamos que o difrutedes.
Aquí temos unhas fotiños de como se emitiu e gravou o programa de radio e a entrega de premios do concurso especial sobre China, realizado polo alumnado de 4º curso. Esperamos que o disfrutedes.
Aquí podedes escoitar o podcast que o alumnado de 6º preparou sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2022, e co que participou no concurso de podcast de Radio na Biblio. Esperamos que o disfrutedes!