Skip to Content

2022-23

Programa de despedida do alumnado de 6º

Aquí podemos escoitar o programa de despedida realizado polo alumnado de 6º o último día de clase.

"Voa, voa, paxaiño,

bate forte as túas ás

tes que deixar o niño

e comezar a voar"

         Magín Blanco

 

Moita sorte na vosa próxima etapa!!

Botarémosvos de menos.

 
 
 

Así foi o programa conxunto co IES de Mos

No seguinte enlace podedes ver unhas fotos de como foi o noso programa conxunto co IES de Mos, así como coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso sobre a reciclaxe.

Así foi o programa sobre a actividade física do alumnado de 3º

Aquí podedes ver unhas fotos de como se realizou o programa sobre o Día da actividade física, realizado polo alumnado de 3º xunto coa mestra de Ed. Física, así como as fotos dos gañadores e gañadoras do concurso de Primaria.

 

Así foi o programa sobre os Maios das familias

No seguinte enlace podedes ver como foi o programa sobre os Maios que fixeron as familias, así como ver os gañadores e gañadoras do concurso especial sobre os Maios. Aproveitamos para darvos as grazas ás familias pola vosa participación. GRAZAS!

Programa sobre reciclaxe co IES de Mos

 

No seguinte enlace podedes escoitar o programa sobre recicloaxe que realizaron conxuntamente alumnado de 1º e 6º do noso cole xunto con alumnado de 1º da ESO do IES de Mos. Resultou unha experiencia fantástica! Ademais demos a coñecer o noso proxecto de reciclaxe do centro.

Entrevista a Eva Mejuto

No seguinte enlace podemos escoitar a entrevista que lle fixo o alumnado do clube de lectura do cole a Eva Mejuto. Que sorte a nosa a de poder contar coa súa presenza no cole e na nosa radio!! Moitas grazas, Eva!!

Entrega premios concurso sobre Gastronomía 6ºA

Aquí podedes ver como foi o programa sobre gastronomía realizado polo alumnado de 6ºA, así como coñecer os gañadores e gañadoreas do noso concurso. Esperamos que o disfrutedes.

Radio Emociónate

No seguinte enlace podedes escoitar o programa  de Radio Emiciónate, no que viñeron os de Si Radio ao noso centro para realizar un programa especial, no que participou o alumnado de 6º do noso centro, unha representación de profesorado, e no que tivemos como convidadas a Uxía, ao grupo Malvela, a Xulio Lorenzo, a Soledad Castro, a Balbi, mestra xubilada que formou parte do noso cole, a Mario Fernández, arqueólogo, e a Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.

 

https://www.ivoox.com/emocionate-ceip-petelos-mos-audios-mp3_rf_10450448...

 

E no seguinte enlace podedes ver unha reportaxe fotográfica e de vídeos de como foi o noso programa. Menuda festa que se armou!!

 

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=QPCxmh0N8dlWcbUq1SjM

 

 

Entrega de premios concurso gastronomía 6ºA

Aquí podedes escoitar a conexión especial de radio que fixo o alumnado de 6ºA para dar a coñecer os gañadores e gañadoras do seu concurso sobre gastronomía.

Programa sobre gastronomía 6ºA

Aquí podedes escoitar o programa realizado polo alumnado de 6º A sobre gastronomía. Esperamos que o disfrutedes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut