Skip to Content

2023-24

Programa despedida 6º

No seguinte enlace podedes escoitar o programa de despedida que o alumnado de 6º realizou o último día de clase. Moito vos imos botar de menos! Voade ben alto, paxariños!

 

Podcast Luisa Villalta

Aquí podedes escoitar o podcast sobre Luisa Villalta que realizou o alumnado de 6º, e que presentamos ao concurso de podcast de Radio na biblio. Para o mesmo, contamos coa colaboración de dúas persoas importantes no mundo da música e da cultura galega, como son Uxía e Ana Romaní. Esperamos que o desfrutedes.

 

 

 

 

 

 

Así foi o programa "As paralimpíadas", do 2º curso

Aquí podedes ver un resumo en imaxes de como se fixo o programa sobre as "Paralimpíadas", realizado polo alumnado do 2º curso, así como as fotos dos gañadores e gañadoras do seu concurso. Noraboa!

 

Así foi o programa do "Humor", de 5º curso

Aquí podedes ver un resumo en imaxes de como se fixo o programa sobre o humor, realizado polo alumnado de 5º curso, así como as fotos dos gañadores e gañadoras do seu concurso.

Así foi o programa "Os países", de 3º

Aquí tedes un resumo en imaxes de como se fixo o programa sobre "Os países", que realizou o alumnado do 3º curso, así como as fotos dos gañadores e gañadoras do seu concurso. Noraboa!

 

Programa 6º sobre as Olimpíadas

No seguinte enlace podedes escoitar o programa que o alumnado de 6º, xunto coa súa titora e a mestra de Ed. Física preparou sobre as Olimpíadas, que é o tema do Proxecto Documental Integrado de centro deste curso. Moi ben o fixeron!

Programa 2º sobre as Paralimpíadas

No seguinte enlace podemos escoitar o programa que preparou e fixo o alumnado de 2º xunto coa súa titora e a mestra de Ed. Física. Moi ben o fixeron!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entrega de premios concurso Países de 3º

No seguinte enlace poderedes escoitar a conexión de radio que fixo o alumnado de 3º para dar a coñecer o nome dos gañadores e gañadoras do seu concurso sobre os poaíses.

 

Programa "Pedi-Mos o aguinaldo?", para conmemorar o Día Mundial da Radio, unha iniciativa de...Ponte...Nas Ondas!

No seguinte enlace podedes escoitar o porgrama "Pedi-Mos o aguinaldo?", que o alumnado de 4º realizou para conmemorar o Día Mundial da Radio, unha iniciativa de Ponte...Nas Ondas!, e no que contasmos co testimonio de Luisa de Ben, irmá da bisavoa de Iván Soliño, de 5º curso, e no que tamén entrevistamos á xente da Comunidade de Montes de Tameiga, que este Nadal recuperaron a tradición de ir pedir o aguinaldo polas casas. Esperamos que o disfrutedes.

http://escolasnasondas.com/ceip-petelos-mos-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/

 

 

 

 

Programa de radio de 5º curso sobre o humor

No seguinte enlace podedes escoitar o programa de humor realizado polo alumnado de 5º curso. As risas están aseguradas...!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut