Skip to Content

2020-2021

O MAIO 2021

O curso pasado non puidemos celebrar o maio por estarmos confinados, pero este, e con todas as medidas de seguridade, non nolo perdemos.

Aquí vos deixamos o resultado.

 

 3 ANOS

 
4 ANOS 
 
 5 ANOS
 
1º PRIMARIA 
 
 2º PRIMARIA
 
3º PRIMARIA 
 
4º A PRIMARIA 
 
 4ºB PRIMARIA
 
5º PRIMARIA 
 
 6º PRIMARIA

Maio longo

Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 2º, na aula de música gravou a canción "Maio longo", con letra de Rosalía e música de Uxía. este é o resultado. Esperamos que vos guste.

 

"Como ti queiras" Canción do Día da Paz

Xa temos aquí a nosa canción do Día da Paz deste ano. "Como ti queiras". Esperamos que a disfrutedes.

Panxoliñas 2020

Este ano, debido ao covid-19 non puidemos ir pedir o aguinaldo como todos os anos, pero non queixemos deixar pasar esta celebración que tanto nos gusta, así que...gravamos en vídeo as nosas panxoliñas para que o alumnado as puidese ver nas distintas aulas. esperemos que as disfrutedes tanto coma nós1

Bo Nadal e...Feliz ano 2021!

 

Que medo, que susto!

O alumnado de 4º curso, para celebrar o Samaín, ilustramos a canción "Que medo, que susto!", de Xoan Curiel, e aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!

Cantiga do Magosto: "Do outro lado do río"

E xa temos por fin a nosa cantiga do Magosto rematada! Baixo o título de Do outro lado do río, unha representación de cada clase de 1º a 6º de primaria, prestáronnos as súas deliciosas voces e bo facer para crear entre todas e todos esta marabilla de canción. Que boas cantoras e cantores temos en Petelos!

A representación de cada clase foi do seguinte xeito:

1º: Sofía e Noa

2º: Ruth, Clara e Iván

3º: Candela e Alberto

4ºA: Liah

4ºB: Sara

5º: Carla, Leidy, Nerea e Pablo Del Cuvillo

6º: Paola R. e Nicole

Esperamos que vos guste!

Medomedá. Samaín 2020

E polo Samaín... o alumnado de 1º e 2º curso falamos dos nosos medos e debuxámolos. Esperamos que pasedes un anaco ben terroríficooo!

Distribuir contido


by Dr. Radut