Skip to Content

Música

Actividades propostas pola mestra de música

Cantos de aguinaldo. O IES deMos canta ao CEIP Petelos

Este ano, como novidade, unha representación do IES deMos, veu pedir o aguinaldo ao noso cole. E démoslles o aguinaldo, pois desfrutamos moito con eles! Para o ano máis!

Rap do Equipo Patito

Na aula de Música, o alumnado de 5º creu e gravou a súa propia canción de aula, un rap, "Rap do equipo Patito". Así de chula lles quedou! Noraboa!

 

Amizades para sempre

Para conmemorar o Día da Paz, este ano escollimos a canción "Amigos para siempre", de Andrew Lloyd Webber e letra de Don Black, que foi interpretada nos xogos olímpicos de Barcelona por José Carreras e Sara Brightman, e   popularizada no noso país por Los Manolos. O que fixemos foi unha tradución ao galego, e apoiándonos dunha base instrumental, gravamos as voces do noso alumnado, cantando en galego e en inglés. O resultado foi marabilloso.

Un Nadal de aloumiños

Pois... aquí temos o vídeoclip da panxoliña coa que o alumnado de 3º do CEIP Petelos, xunto con alumnado de 1º e 2º do CPI Laureano Prieto de A Gudiña nos presentamos ao concurso da RTVG "A canción do Nadal 2023". Houbo 33 propostas musicais, e finalmente a nosa non foi a escollida, pero estamos moi orgullosas do noso alumnado, do ben que o fixeron. Moito talento hai en A Gudiña e en Petelos!! A letra e a música foi composta por Ana Senlle, mestra do cole de A Gudiña, e para a gravación musical, contamos coa colaboración inestimable dos músicos Fernando Pernas e Pancho Álvarez.  E na gravación, mestura e masterización do son, Nuria Freiría. Moitas grazas!

 No seguinte enlace podedes ver o videoclip de Un Nadal de aloumiños

 

https://www.youtube.com/watch?v=msRFePzrxyQ

 

 

Abre as xanelas: canción do 25 de novembro

No seguinte enlace podedes escoitar a canción para conmemorar o 25 de novembro que preparamos e gravamos na escola, co alumnado de 5º e 6º. A letra é un poema de Lupe Ces, mestra de Caranza moi comprometida co movemento feminista dende hai moitos anos, e a música foi feita para a ocasión pr Raquel, a mestra de Música da nosa escola. Queremos agradecer, tamén a aportación da guitarra de Luis Lechuga, mestre de Música no IES Alonso Ríos de Tomiño. Esperamos que vos guste e que axude a abrir moitas xanelas.

 

Os esqueletos

Polo Samaín, a aula de Música estivemos preparando co alumnado de 5º e 6º a canción "Os esqueletos", e decidimos interpretala para o alumnado de Infantil. Este foi o resultado. Esperamos que vos guste!

 

 
 

Medomedá

No seguinte enlace poderedes ver o vídeo que fixemos coa música de Medomedá, de Magín Blanco, coas ilustracións realizadas co alumnado de 1º e 2º nas que mostran os seus medos. Ademais, na clase de Plástica, o alumnado de 3º realizou unhas situetas relacionadas co Samaín que tamén incluímos neste vídeo. Esperamos que o desfrutedes.

 

Regueifando!

Regueifando!!No seguinte enlace podedes ver e escoitar as regueifas de rapazas e rapaces de toda Galicia, e na que participou o alumnado de 6º do CEIP Petelos.

https://www.youtube.com/watch?v=mknWJCWneKo

 

 

 

Día de Rosalía "Has de cantar"

Para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro, co alumnado de 3º e 4º, na aula de Música, traballamos a canción "Has de cantar", incluída no disco de Rosalía pequeniña, con música de Uxía, e letra da propia Rosalía. No seguinte enlace, poderedes ver o vídeo que fixemos a partir das ilustracións feitas polo alumnado de 3º e 4º de primaria. Esperamos que o disfrutedes.

Cantiga do magosto 2022: "Chega o magosto"

Xa temos aquí a cantiga do magosto deste ano, titulada "Chega o magosto", con música da nosa mestra de Música Raquel, e letra composta polo alumnado de primaria do CEIP Petelos. Esperamos que vos guste. Nós pasámolo pipa gravándoa!

Distribuir contido


by Dr. Radut