A piques de rematar este curso 2021-2022, recibimos a visita de Gisela (a irmá de Nati), de Leo (o irmán de Aarón) de Ian (o irmán de Noa) e as respectivas mamás.
Co alumnado de 3º de Primaria, en Plástica, estivemos reflexionando un pouco sobre quen somos, sobre as nosas aficcións, e sobre como nos vemos nós mesmos, atrevémonos a ilustralo, e este é o resultado... Ahh, e a música que nos acompaña é "Quen son", pertencente ao disco A nena e o grilo, de Magín Blanco.
Xa temos aquí o programa de entrega de premios do especial de Nadal, realizado polo alumnado de 4ºB. Noraboa a tod@s @s participantes, especialmente aos gañadores e gañadoras!
O alumnado de 4º curso, para celebrar o Samaín, ilustramos a canción "Que medo, que susto!", de Xoan Curiel, e aquí tedes o resultado. Esperamos que vos guste!
O alumnado de 1º e 2º de primaria acompañados dos seus titores desprazáronse hoxe a Vigo a ver a obra de teatro SAFARI da compañia LA BALDUFA na Afundación.
Foi unha obra moi divertida que nos fixo reflexionar sobre un tema importante como é o bullying, en forma de fábula.