RADIO PETELA
Radio Petela, a radio do noso cole comezou a súa andaina o curso pasado, polo que este foi o segundo curso no que estivo en funcionamento.
Os cursos encargados da radio foron 4º e 6º, xa que son os que dispoñen da hora lectiva de Libre configuración, que neste centro de adica a informática e á radio escolar.
Este ano realizamos sete programas coas súas respectivas entregas de premios, na seguinte orde:
-
Programa especial sobre Petelos, relacionado co PDI do centro “Coñece-mos con Petela”, realizado polo alumnado de 4ºA (enlace está no anterior apartado).
-
Programa especial Samaín, realizado polo alumnado de 6º (enlace no apartado anterior).
-
Programa especial Nadal, realizado polo alumnado de 4ºB https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/351
-
Programa especial Entroido, realizado polo alumnado de 6º https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/364
-
Programa especial sobre Rosalía de Castro, realizado polo alumnado de 2º https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/369
-
Podcast sobre Xela Arias, realizado polo alumnado de 4ºB (enlace no apartado anterior)
-
Programa especial sobre Xela Arias, realizado polo alumnado de 4ºB
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/414
Este ano, ademais de facer os programas para o cole, participamos por primeira vez no “Concurso de podcast Radio na Biblio”, elaborando un podcast sobre Xela Arias. A experiencia foi moi gratificante, pois era a primeira vez que participabamos, e que nos enfrontabamos ao reto de ter que facer un podcast, e que ademais non pasase dos cinco minutos, algo que nos custou, pero que finalmente logramos.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/410