Skip to Content

FONDO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais e nais

Comunicamosvos que no DOG do xoves, 20 de maio,  saiu publicada a orde pola que se convoca a participación no fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2021-2022.

Podedes atopar as solicitudes na secretaría do centro. Tamén estará dispoñible no portal educativo http://www.edu.xunta.gal, así como na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal . Recoméndase a tramitación telemática da solicitude a traves da sede electrónica.

 

  • BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º de Primaria no curso 2021-2022

  PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   Dende o 21 de maio ata o 22 de xuño na Secretaría do Centro ou presentación electrónica. Presentarase unha solicitude única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro no curso 2021/2022.

           

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA TODO O ALUMNADO DE  3º, 4º, 5º E 6º

         IMPORTE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (SÓ 1º E 2º ED. PRIMARIA):

  

Hasta 6000 € de renta per cápita                210€

  

Entre 6000,01 € e 10000€                          140€

           IMPORTE DAS AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR (TODO O ALUMNADO DE Ed. Primaria):

  

Hasta 6000€ de renta per cápita                 50€

 Para calcular a renta per cápita da familia sumaranse os recadros 435(base impoñible xeral) e 460(base impoñible do aforro) da declaración da renda de 2019 e o resultado dividirase entre o número de membros da familia. (Situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2019, agás no relativo a violencia de xénero).

  •    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
  1.  Solicitude de axuda, (anexo I , pode recollerse na secretaría do centro)
  2.   Anexo II – comprobación de datos dos membros da unidade familiar
  3. Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro en día 31 de decembro de 2019, entón, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou  convenio regulador onde conste a custodia do causante ( se a custodia e compartida deberán figurar ámbolos dous proxenitores, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos socias que acredite a situación familiar.
  4. Certificado grao de discapacidade.
  5. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

O alumnado incluido no Proxecto de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/2022(5º Ed. Primaria) estará excluido do fondo solidario pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar

 

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º  que reciban libros de texto do fondo solidario, terán a obriga de conservalos en perfecto estado para incorporalos ao rematar o curso escolar 2021/22 a un fondo solidario do centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (artigos 5.1 e 5.2).

O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do ano 2020-2021 será o 22 de xuño         



page | by Dr. Radut