21 de Marzo,DÍA DA POESÍA en 2º de EP

Durante a semana do 22 ao 26 de Marzo adicámoslle a hora de ler a Poesía.

A actividade proposta polo equipo da biblioteca do centro foi traballar a poesía e que o alumnado fixera unha grabación da mesma.O día 30 de marzo na hora de ler escoitariamos as poesías das outras aulas do cole.
A clase de segundo traballou o libro : ´´Versos para comérselos´´ de Sagrario Pinto. En pequeno grupo preparamos a poesía, escribímola e ilustrámola para grabala.
Aproveitamos o traballo coa poesía para elaborar uns paneis ilustrados e  para traballar co escornabot.Tamén investigamos sobre os códigos QR e en cada panel creamos un para cada poesía.

 

 

 

 

Día de la poesía-2º EP 2021 - Kizoa Movie Maker

Escornabot-Poesía - Kizoa Movie Maker