CREACIÓN LITERARIA con MIGUEL ALONSO DIZ
06 Maio 2021
O alumnado de 5º nivel contou cun obradoiro de Creación Literaria a cargo do escritor Miguel Alonso Diz o luns 26 de Abril.
Miguel Alonso é autor de ¨Música no faiado¨, ¨A nena á que non deixaban ser feliz¨ entre outos libros. Esta actividade foi proposta polo Concello de Mos con motivo do Día do Libro.
O escritor comezou falando un pouco sobre o que significa ser escritor, e que todas e todos temos algo que contar, que aínda que nun momento determinado nos poñamos diante do papel e non nos saia nada, non quere dicir nada, que a el tenlle pasado iso moitas veces, que a inspiración non vén sempre que queremos, pero que por iso non temos que desistir. E adiantou que todo o que ían escribir nesa sesión ía estar todo ben, que escribisen sen medo porque todas e todos tiñan algo que aportar.
Logo continuaron falando un pouco sobre os libros que lles gustaban a cada un. Comentou tamén o poder máxico que tiñan os libros, pois a diferencia do cine, e inclusi dos videoxogos, un libro é como algo aberto, pois deixa espazo á nosa imaxinación para que nós imaxinemos as historias que neles se describen, cousa que nas películas e nos videoxogos non, é todo como máis pechado, e nós somos espectadores pasivos.
Despois mandoulles coller un folio a cada un, e escribir dúas palabras calquera (tiñan que ser substantivos), e mandoullas dicir en alto. Cada un foi dicindo as súas palabras en alto, e logo el, a cada nen@ asignoulle dúas (unha propia e outra d@ compañeir@), e con esas palabras tiñan que construír un pequeno texto.
Archiviato in: