DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020
O venres 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano o tema elexido foi a BIODIVERSIDADE.Un gran motivo de preocupación mundial en material medioambiental.
O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo ao alumnado realizar un debuxo sobre o tema cun lema significativo para conmemorar esta data e seguir traballando na sensibilización e concienciación medioambiental para coidar o planeta.