Skip to Content

blogue deangelesfidalgo

RADIO PETELA

Radio Petela, a radio do noso cole comezou a súa andaina o curso pasado, polo que este foi o segundo curso no que estivo en funcionamento.

 

Os cursos encargados da radio foron 4º e 6º, xa que son os que dispoñen da hora lectiva de Libre configuración, que neste centro de adica a informática e á radio escolar.

Este ano realizamos sete programas coas súas respectivas entregas de premios, na seguinte orde:

  1. Programa especial sobre Petelos, relacionado co PDI do centro “Coñece-mos con Petela”, realizado polo alumnado de 4ºA (enlace está no anterior apartado).

  2. Programa especial Samaín, realizado polo alumnado de 6º (enlace no apartado anterior).

  3. Programa especial Nadal, realizado polo alumnado de 4ºB https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/351

  4. Programa especial Entroido, realizado polo alumnado de 6º https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/364

  5. Programa especial sobre Rosalía de Castro, realizado polo alumnado de 2º https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/369

  6. Podcast sobre Xela Arias, realizado polo alumnado de 4ºB (enlace no apartado anterior)

  7. Programa especial sobre Xela Arias, realizado polo alumnado de 4ºB

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/414

Este ano, ademais de facer os programas para o cole, participamos por primeira vez no “Concurso de podcast Radio na Biblio”, elaborando un podcast sobre Xela Arias. A experiencia foi moi gratificante, pois era a primeira vez que participabamos, e que nos enfrontabamos ao reto de ter que facer un podcast, e que ademais non pasase dos cinco minutos, algo que nos custou, pero que finalmente logramos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepetelos/?q=node/410

 

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

O día 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, este ano esta adicado á restauración de ecosistemas(deter e revertir a degradación ambiental dos ecosistemas do mundo).

Elexiuse a Pakistán como país anfitrión polo seu ambicioso proxecto de plantar 10.000 árbores no plazo de 5 anos.
PROPOSTA DE ACTIVIDADE do EQUIPO DE COMPLEMENTARIAS
Como no noso centro temos a sorte de contar con mumerosas árbores, cada aula elixirá unha árbore para apadriñar.E:

  • Facer unha fotografía do grupo -aula coa súa árbole.

  • Imprimir en A4, poñer o nome da árbore .

  • Investigar algunha característica ou curiosidade .

  • Colocala no expositor da entrada .

 

O equipo de biblioteca contribuiu cunha exposición de libros relacionados coa temática para que os titores-alumnos puideran investigar as características das árbores.

 

ENCONTRO COA ESCRITORA ...LEDICIA COSTAS

Hoxe o alumnado de 4º B recibiu a escritora LEDICIA COSTAS para falar do seu libro de lectura´´Vampira de biblioteca´´ ilustrado por Victor Rivas.Os encargados de presentar á autora foron Pablo D. e Nerea , alumnos de 5º que participan no voluntariado de lectura como axudantes de biblioteca.

Ledicia contoulles coma lle gusta o mundo dos vampiros,drácula ,mortos...O alumnado aproveitou para facer as súas preguntas e tamén houbo tempo para anécdotas divertidas ...

Eleonora é unha vampira que papa os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vive.

Rematou asinando os exemplares dos alumn@s e inagurou o noso libro de lembranzas, unha honra para nós.

Grazas Ledicia!!! Sempre é un pracer contar contigo no noso centro. 

Unha xornada fantástica!!!

 

 

 

 

8 de Marzo, Día da muller

O equipo de convivencia propuxo ao alumnado  representarse  exercendo unha profesión preferiblemente que non foxe ´´habitual´´ no seu xénero e con todos os traballos elaborar un mural.Aproveitamos esta actividade para falar dos diferentes traballos que realizan as persoas.

 

ENCONTRO VIRTUAL CO ESCRITOR ...EL HEMATOCRÍTICO

 

 

Hoxe,visitounos virtualmente  El Hematocrítico,o autor do noso libro de Lectura ´´Feliz Feroz´´que leramos na aula durante a hora de ler.

Un profesor de educación infantil ao que lle gusta ler moitos os seus alumnos/as . Contounos que púxose o alcume do Hematocrito porque o seu nome e apelidos Miguel López, son moi comúns e hai moitos.

Animouse a escribir tendo da man un bo amigo chamado Alberto. El é o ilustrador do conto ( gañador de premios Goya) e xuntos conseguiron sacar adiante O Lobiño Riquiño e máis contos.

Gústoulle a idea de que o lobo fose protagonista porque xa o era de moitos contos e así facía as súas propias versións.

 

VISITA DE ...XAVIER ESTÉVEZ, ESCRITOR

 

 

O 18 de maio visitounos Xavier Estévez, autor de “Os camiños do vento”, libro que leramos na aula durante o mes de marzo na “hora de ler”.

Contounos que é profesor nunha escola de Vigo e que lle encanta ler e escribir. Díxonos tamén que lle encanta a maxia, a radio, o cine…

Escomezou a publicar os seus libros despois de ter cumpridos os 30 anos. Non o fixo antes porque tiña medo de que non gustasen as historias que escribía dende neno e que gardaba nun caixón.

Dixo que fora un erro e animounos a mostrar sempre as nosas potencialidades.

“Avións de papel” é a primeira historia publicada, e Lucas e Sara son os protagonistas que investigan…

“Os camiños do vento” (o libro que limos) é outra historia cos mesmos protagonistas, Sara e Lucas, que reflicte o drama do pobo sirio, encarnado en dous irmáns refuxiados que chegan ao noso país e no que as vidas dos catro se entrecruzan e levarán ao lector, dunha maneira moi amena, ao coñecemento da realidade dos refuxiados e da vida dos protagonistas, alumnos de 12 anos.

Falounos tamén da importancia de atopar un libro que nos guste, pois iso é o que propicia o gusto pola lectura.

Para el é fundamental “a maxia” na lectura, a sorpresa para quen o le, por iso en moitos dos seus libros hai historias paralelas, que aparentemente non están relacionadas, mais ao final conflúen e sorprenden ao lector.

 

¡QUE GOZADA DE CHARLA! 

 

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON MIGUEL ALONSO DIZ

 

Miguel Alonso Diz, escritor e poeta autor de ´´O sono de Esther´´, ´´A nena á que non deixaban ser feliz´´... estivo no colexio de Petelos o venres 14 de maio impartindo un obradoiro de poesía na aula de 6º con motivo da celebración do Día das Letras Galegas:

-A poesía ,onde está? Esta foi a presentación.

-´´A palabra musicada é poesía.´´

-´´Escribir palabras, ler, equivocarse, repetición...´´

Estas son as condicións para escribir poesía, díxonos o autor.

Nunha folla en branco, cada neno e nena intentou escribir un verso, logo algún poemiña sinxelo...

Recordamos a Rosalía, fixemos algunha estrofa de principes e princesas, ao noso pai e nai.

Rematamos analizando algunhas cancións para ver a letra e rimas.

O encontro estivo presentado por Paola, Noa, Meira e Paola R., alumnas de 6º que participan no voluntariado da biblioteca no programa do voluntariado de lectura.O encontro foi ofertado polo Concello de Mos.

¡Unha gran xornada!

 

ENCONTRO VIRTUAL COA ESCRITORA SABELA FERNÁNDEZ TRELLES

 

Hoxe o alumnado de 2º de EP mantivo un encontro virtual con SABELA FERNÁNDEZ TRELLES autora do seu libro de lectura ´´O Ladrón de Soños´´.

O encontro comenzou coa presentación a cargo de Candela e Ruth para dar a benvida a Sabela.Seguidamente Sabela propúxolles unha dinámicas para participar e comentar o libro de lectura:

 

  • A través de dúas ilustracións dos personaxes principais do libro os nenos comentaron as súas cualidades.

  • Adiviña ( un xogo para que adiviñasen os elementos que levaba o ladrón de soños).

  • O muro dos nosos soños, os alumnos iban dicindo de forma voluntaria os seus soños e Sabela os escribía no muro.

  • Os seus pesadelos.Ensinoulles un cofre onde gardaríamos os pesadelos.Así que cada un foi dicindo os seus pesadelos e Sabela os gradaba no cofre.

  • O conxuro, todos lemos o conxuro para que os pesadelos non volverán.

  • Cantamos unha canción que unha amiga de Sabela compuxo para este conto.

  • Fixemos as preguntas que preparáramos para Sabela.

 

Para rematar Leo e Lola déronlle as grazas por estar un ratito con nós e escribir historias tan fantásticas e fermosas.

Agora estamos moi ilusionados porque Sabela vai firmar os nosos libros de lectura.Pasámolo xenial con Sabela.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021 , adicado a escritora, poeta e traductora XELA ARIAS

O equipo de biblioteca recopilou uns materiais para traballar a autora homenaxeada este ano polas LETRAS GALEGAS, XELA ARIAS mediante un genially.

 

 

A escritora Yolanda Castaño, autora do libro "Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias" (Letras Galegas 2021), fala para as persoas  máis pequenas.

 

21 de Marzo, Día da Poesía nas aulas de INFANTIL

O alumnado de 6º de Infantil para conmemorar o Día da Poesía recítannos o poema ´´Boda de flores´´ do autor José A. del Rosal.

 

 

O alumnado de 4º de Infantil para conmemorar o Día da Poesía recítannos o poema ´´A primavera´´ .

 

Distribuir contido


by Dr. Radut