Skip to Content

Plan proxecta- PDC

SAÍDA MONTE ALOIA

BOAS FAMILIAS,

DESPOIS DE MOITO DESEXALO, OS DE 5 ANOS POR FIN PUIDEMOS IR DE EXCURSIÓN. SE CLICAS NA SEGUINTE IMAXE PODEREDES VER QUE BEN O PASAMOS.

Exposición libros

Con motivo do día internacional da actividade física durante todo o mes de Abril fixemos, en colaboración con "Biblio Petela" unha pequena exposición de libros relacionados coa actividade física. 

Tenis de Mesa

Dentro das actividades do programa XOGADE propostas dende a Secretaría xeral para o deporte os nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria puideron coñecer e practicar a actividade de tenis de mesa da man de adestradores profesionais.

 

Xornadas Bádminton

 

 

Os alumnos de 4º de Ed. Primaria coñeceron o Bádminton da man de Juan,

un adestrador profesional que nos acompañou e introduciunos no xogo do

bádminton durante 4 sesións. Esta iniciación rematou cunha xornada

competitiva intercentros.

 

 

 

 

XOGADE- VOLEIBOL

 

Dentro do programa XOGADE os alumnos de 5ºB, participaron na

actividade de Voleibol, tiveron un adestrador que se desplazou o noso

colexio e remataron cunha Xornada decompetición intercentros .

Alí tivemos a oportunidades de xogar contra nenos e nenas do CEIP Pena

de Francia e do CEIP Antonio Palacios. Con Miguel o noso adestrador

aprendemos un montón de cousas.

 

 

 

Reparto de Froita e leite- 2º Período

      Este pasado luns 2 de maio comezamos co 2º período de reparto de froita.

    Este reparto durará duas semanas. e como no período anterior o reparto de leite durará 4 semanas.

        

 

 

 

 

Programa especial sobre o Día da actividade física, realizado polo alumnado de 3º

Aquí podemos escoitar o programa especial que o alumnado de 3º, xunto coa mestra de Ed. Física e a súa titora, realizou sobre o Día da actividade física, que se celebra cada 6 de abril.

 

 
 
 

Reparto Froita fresca e leite

Con motivo do noso proxecto de centro de Vida activa e saudable, englobado dentro do Plan Proxecta, durante este curso participamos no "PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE", financiado coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia a través do FOGGA(Fondo Galego de Garantía Agraria).

Este lúns 24 de xaneiro comezaremos co reparto de Froita fresca e leite na hora do recreo. 

O reparto de froita realizarase durante duas semanas, ata o 4 de febreiro e o reparto de leite durará un mes.

Con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de froita e leite, buscando unha alimentación saudable e equilibrada.

 

 

 

 

 

 

XOGADE-Campo a través

O pasado 25 de novembro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria puideron desfrutar dunha xornada de deporte o aire libre. Volveron as actividades do programa XOGADE, neste caso coa carreira de campo a Través, onde os nosos alumnos participaron da competición por colexios.

 

 

 

 

XOGOS DO MAGOSTO

Co gallo da celebración do Magosto no mes de novembro, comezamos cos xogos de novembro. Cada aula tiña a súa caixa de material para xogar.

Podedes velo na seguinte presentación.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut