Mañán venres 1 de marzo comeza o prazo para presentar as
solicitudes de admisión para novo alumnado nos centros sostidos con
fondos públicos en Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ó 20 de marzo,
ámbolos dous incluidos. As solicitudes poden presentarse no centro ou
de forma telemática a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Neste enlace poden crear a solicitude, imprimila e presentala na
secretaría do centro. Como documentación soamente deberán adxuntar
un documento acreditativo da idade do neno , pode ser o libro de familia
ou o DNI do neno se dispuxera del.