Estimados pais e nais
Comunicamosvos que no DOG do martes, 19 de maio, saiu publicada a orde pola que se convoca a participación no fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.
Podedes atopar as solicitudes na secretaría do centro ou podedes descargala/ cubrila no seguinte enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/fondolibros. Recoméndase a tramitación telemática da solicitude a traves da sede electrónica.
· BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º de Primaria no curso 2020-2021
· PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o 20 de maio ata o 19 de xuño na Secretaría do Centro ou presentación electrónica. Presentarase unha solicitude única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro no curso 2020/2021.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA TODO O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º
|
IMPORTE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (SÓ 1º E 2º ED. PRIMARIA):
Hasta 6000 € de renta per cápita 210€ Entre 6000,01 € e 10000€ 140€ |
IMPORTE DAS AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR (TODO O ALUMNADO DE Ed. Primaria):
Hasta 6000€ de renta per cápita 50€ |
Para calcular a renta per cápita da familia sumaranse os recadros 435(base impoñible xeral) e 460(base impoñible do aforro) da declaración da renda de 2018 e o resultado dividirase entre o número de membros da familia. (Situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2018, agás no relativo a violencia de xénero).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
· Solicitude de axuda, (anexo I , pode recollerse na secretaría do centro)
· Anexo II – comprobación de datos dos membros da unidade familiar
· Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro en día 31 de decembro de 2018, entón, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante ( se a custodia e compartida deberán figurar ámbolos dous proxenitores, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos socias que acredite a situación familiar.
· Certificado grao de discapacidade.
· No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º que reciban libros de texto do fondo solidario, terán a obriga de conservalos en perfecto estado para incorporalos ao rematar o curso escolar 2020/21 a un fondo solidario do centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (artigos 5.1 e 5.2).
O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do ano 2019-2020 será o 22 de xuño