Skip to Content

Blogues

ENTREGA DA MOCHILA VIAXEIRA POLOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO

O xoves 11 e o venres 12  o equipo de voluntarios da biblioteca  entregou nas diferentes aulas do noso cole as Mochilas Viaxeiras , seguindo as medidas de suguridade COVID. Agardamos que pasedes un tempo de lecer en familia disfrutando do seu variado contido. Boas lecturas.

 

RUFUS, El murciélago que adoraba los colores

O alumnado de 2º de EP preparou o conto : RUFUS, EL murciélago que adoraba los colores escrito por Tomi Ungerer da editorial Kalandraka  para os alumnos de Infantil e 1º de Primaria.Debido ao COVID non puidemos ir ás aluas a contarllelo así que o grabamos para que poidan escoitalo nas súas clases na hora de ler.

Agardamos que lles guste pois o fixeron con moito cariño.

 

 

Felicitacións de Nadal

No vestíbulo do cole participamos na decoración da “Árbore dos desexos “, realizando unhas tarxetas feitas polos nenos/as na aula cos seus desexos para o Nadal.Así quedou a árbore co traballo de todas as aulas.

BO NADAL a tod@s.

 

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL 2020

Un ano máis chega o Nadal, o equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparouvos unhas recomendacións de nadal coas lecturas elexidas polos distintos niveis e que traballaremos nas aulas.

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do mes da ciencia en galego, dende a biblioteca, Petela propuxo ás aulas unha actividade baseada na realización de experimentos coa temáticas que estiveran a traballar nas aulas . Cada titoría realizou e gravou o seu experimento.

 

Para visualizar os experimentos o equipo de biblioteca realizou un padlet .

Podedes acceder a través do seguinte enderezo: 

 

https://padlet.com/bibliopetelos/g9al8d4of9as52y2

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2020/2021

Ola rapaces, xa queda menos para vernos no cole !! Eu estou desexando vervos, e vós? Xa sabedes que esta volta será especial e que teremos que tomar unha serie de medidas e seguir unhas normas.

Para que vos vaides facendo unha idea , deixovos un vídeo moi interesante onde, Jimena e Oliverio consultan con Marián, Boticaria García.Poñede moita atención !! 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020

O venres 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente.

Este ano o tema elexido foi a BIODIVERSIDADE.Un gran motivo de preocupación mundial en material medioambiental.

O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo ao alumnado realizar un debuxo sobre o tema cun lema significativo para conmemorar esta data e seguir traballando na sensibilización e concienciación medioambiental para coidar o planeta.

 

 



VÍDEO DE DESPEDIDA DE 1º ...BO VERÁN !!!

O alumnado de primeiro grabou un vídeo de despedida xa que non puideron facelo na escola. E despois de tanto traballar é o monento de descansar...

Agrado que vos guste a sorpresa.

A DISFRUTAR E A DESCANSAR!!!

FELIZ VERÁN!!!

 

 

EN 1º... FACEMOS FIGURAS CON TANGRAM

O alumnado de 1º está a realizar figuras co TANGRAM dentro das actividades de aula.A semana do 10/6/2020  tocounos  facer un avión ou un helicóptero.

EN 1º ... FACEMOS FIGURAS CON TANGRAM

O alumnado de 1º está a realizar figuras co TANGRAM dentro das actividades de aula.A semana do 3/6/2020  tocounos  facer un gato ou un pato.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut