Un ano mais con motivo do noso proxecto de centro de Vida activa e saudable, englobado dentro do Plan Proxecta, durante este curso volveremos a participar no "PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE", financiado coa axuda da Comunidade Europea, España e Galicia a través do FOGGA(Fondo Galego de Garantía Agraria).
Este luns 22 de xaneiro comezaremos co reparto de Froita fresca e leite na hora do recreo.
O reparto de froita realizarase durante duas semanas, ata o 2 de febreiro e o reparto de leite durará un mes.
Con esta iniciativa pretendemos fomentar o consumo de froita e leite, buscando unha alimentación saudable e equilibrada.