Skip to Content

Blogues

APADRIÑAMENTO LECTOR-DÍA DO LIBRO

As aulas do noso centro participaron o martes 27 de abril no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro.Debido ao COVID os apadriñamentos realizáronse  dentro da propia aula.Ao alumnado baixou ao patio despois do recreo, colocandose no recinto asinado para cada aula para compartir un intre de lectura .

Os padriños /madriñas escolleron un libro durante a semana .Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos,favorecer o saber escoitare fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...

 

 

AS FAMILIAS CONTAN: LA MOSCA FOSCA

A  mamá de Lola   de 2º de EP  cóntanos  o conto ¨La mosca Fosca ¨ de Eva Mejuto da editorial Kalandraka .

Grazas familia pola vosa participación.

AS FAMILIAS CONTAN: MI LADO DE LA BUFANDA

A  familia de Enzo  de 2º de EP  cóntanos en familia o conto ¨Mi lado de la bufanda ¨ de Carmen Parets Luque .

 

 

 

Grazas familia pola vosa participación.

AS FAMILIAS CONTAN :CHIBOS,CHIBÓNS

A  familia de Martín Álvarez de 2º de EP dramatiza o conto ¨Chibos, chibóns ¨ de Olalla González .

Grazas familia pola vosa participación.

 


Chibos, chibóns - Kizoa Movie Maker

AS FAMILIAS CONTAN :TELMA , EL UNICORNIO

Co galo do Día do Libro a biblioteca propuxo ás familias de infantil, 1º e 2º de primaria a actividade : As familias contan. A actividade consistiu en grabar un vídeo dende as súas casas e contar un conto  (ler, dramatizar...).

Os vídeos serán proxectados na aula dos seus fillos e fillas na hora de ler na semana do día do libro.

Hoxe a familia de Clara de 2º de EP contannos: ¨ Telma, o dinosaurio¨ de Aaron Blabey

 

.

Grazas pola colaboración.

 

 


Telma, el unicornio - Kizoa Movie Maker

OS VOLUNATRIOS LEN : ADOPTAR UN DINOSAURIO

Os voluntarios de biblioteca Pablo  e Nerea  alumnos de 5º de primaria len o conto :¨Adoptar un dinosaurio ¨ de José Carlos Andrés.

Ale  quere unha mascota:un can, un gato, un elefante... Mais os seus pais non queren animais na súa  casa.

Un día a nena atopa un ovo enorme no parque e lévao a súa casa, cuidao  e o quere moito.Cando o ovo rómpese...

Agardamos que vos guste.

 

 


Adoptar un dinosaurio - Kizoa Movie Maker

Os voluntarios entregan as BOLSAS VIAXEIRAS en infantil

Os voluntarios da biblioteca de 5º de primaria, Yair, Nerea e Agueda ,estiveron nas aulas de educación infantil para facer entrega das BOLSAS VIAXEIRAS que visitaran os fogares do noso alumnado para que poidan desfrutar en familia da lectura.

Grazas rapaces polo voso tempo e adicación.

 

 

OS VOLUNATRIOS LEN : The very hungry caterpillar

Os voluntarios de biblioteca Paola R., Pablo e Nicole alumnos de 6º de primaria coa axuda da mestra de inglés Iris len o conto :¨The very hungry caterpillar¨ de Eric Carle.

Un conto para desfrutar da maxia da natureza e do ciclo da vida a través da metamorfose  dunha eiruga. Agardamos que vos guste.


Voluntariado 3 - Kizoa Movie Maker

OS VOLUNATRIOS LEN : PEPITA ES ESPECIAL

As voluntarias de biblioteca Meira e Paola  alumnas de 6º de primaria len o conto :Pepita es especial¨.Un conto baseado nunha historia real. Este conto fálanos dun nena con sindrome de Down , do  cariño da familia  e da aceptacion ás persoas.

Agardamos que vos guste.

 


Pepita es especial-Voluntariado - Kizoa Movie Maker

Agardamos que vos guste.

 

OS VOLUNTARIOS LEN... ¨¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!¨

As voluntarias de biblioteca Noa e Paola alumnas de 6º de primaria len o álbum ilustrado ¨¡Vivan las uñas de colores!¨.Un álbum baseado nunha historia real. Este álbum fálanos da igualdade de xénero, da discriminación e do acoso escolar, da amizade e do amor e do apoio incondicional dos pais hacia os seus fillos.

Agardamos que vos guste.

 

 


Voluntariado1 - Kizoa Movie Maker
Distribuir contido


by Dr. Radut