Skip to Content

2022-2023

Cantos de aguinaldo Infantil Decembro 2022

No seguinte enlace podemos ver como o alumnado de 4º de Infantil, canta a panxoliña "Soan as campás" ao alumnado de 1º curso para pedir o aguinaldo. Menudos artistas!

 

 
 
Aquí podedes ver como o alumnado de 5º de Infantil canta a panxoliña "A campá que resoa", incluida no disco de panxoliñas O Quiuiriquí, ao alumnado de 1º. Moi ben o fixeron!
 
 
 
 
E no seguinte enlace podedes ver ao alumnado de 6º de Infantil cantándolle a "Cantiga do apalpador" para pedir o aguinaldo ao alumnado de 6ºA. Moi ben o fixeron!
 
 

Cantos de aguinaldo 1º e 2º Decembro de 2022

No seguinte vídeo podedes ver ao alumnado de 1º cantándolle a panxoliña "Xa me tardan estes magos", do grupo de música infantil Mamá cabra, ao alumnado de 3º. Menudos artistas!

 

 
E no seguinte enlace podemos ver ao alumnado de 2º cantándolles a panxoliña "Metido nun ovo", incluída no disco de panxoliñas "O Quiquiriquí", ao alumnado de 5º. Moi ben o fan!
 
 

Cantos de aguinaldo 3º e 4º Decembro 2022

No seguinte enlace podedes ver ao alumnado de 3º cantándolle ao de 6º de Infantil a panxoliña "Canto de Reis de Rinlo", un canto de Reis tradicional de Ribadeo, para pedirlles o aguinaldo.

 

 
 
E no seguinte enlace podemos ver ao alumnado de 4º cantarlles aos de 5º de Infantil a "Panxoliña da neve", un poema de Manuel María musicado por Uxía e Magín Blanco, pertencente ao seu libro-disco "Canta o cuco". Daríanlles o aguinaldo?
 

Cantos de aguinaldo 5º, 6ºA e 6ºB Decembro de 2022

Aquí podemos ver o vídeo do alumnado de 5º, cantándolle a 6º de Infantil, a panxoliña "De lonxe viñemos", con música composta pola nosa mestra de música Raquel, e con  letra tradicional adaptada, para pedir o aguinaldo. Esperamos que o difrutedes.

 

 
 
 
Aquí temos ai alumnado de 6ºA cantándolle á clase de 5º a panxoliña "Nadal en Petelos", unha adaptación que fixemos da panxoliña "Nadal en Luintra", que coñecemos grazas ao xa desaparecido grupo Berrogüetto" para pedir o aguinaldo.
 
 
 
E aquí podedes ver ao alumnado de 6ºB interpretando a panxoliña "Ovos e torresmos" na clase de 4º. Esta panxoliña está incluída no disco de panxoliñas "O quiquiriquí", interpretada no mesmo por Treixadura e Malvela. Esperamos que o disfrutedes.
 
 

25 NOVEMBRO-Pano corado

 
Co gallo do 25 de novembro os nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria traballaron xunto coa profe Raquel a canción "Pano Corado" das Tanxugueiras. este vídeo é o resultado deste traballo.
 
 
 

O Magosto

O pasado 4 de novembro celebramos a noso Magosto, onde xogamos, cantamos, bailamos e como non comemos castañas.

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do noso día. 

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut