O alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria desfrutou da súa segunda xornada intercentros dentro do programa Xogade. Nesta ocasión visitamos o CEIP Plurilingüe Pena de Francia.
No mes de xaneiro o alumnado de 5º tivo a sorte de realizar uns entrenamentos para coñecer o Voleibol coa presenza dun adestrador desta disciplina. Puidemos realizar esta actividade grazas ao programa Xogade e o Servizo provincial de deportes da Consellería.
Un ano mais dentro do programa XOGADE, realizamos os encontros intercentros. A primeira xornada enfrentounos ao CEIP Atin-Cela. Unha maravillosa xornada de deporte e convivencia.
Un ano máis o alumnado de 5º de Ed. Primaria participou nas actividades do "Club Vitaminas" de Frutas Nieves, onde coñecen aspectos relacionados coa alimentación e como realizar un almorzo saudable.