Skip to Content

Música

Actividades propostas pola mestra de música

Cancioneiro do CEIP Petelos

Pois xa temos aquí o cancioneiro "Coñece-Mos", do CEIP Petelos, esperemos que disfrutedes con el, e que vos faga pasar uns minutiños agradables nestes tempos tan difíciles.

 

Así foi a gravación da cantiga Chega o Magosto

No seguinte vídeo podemos ver o ben que o pasamos gravando a nosa cantiga do Magosto deste ano, con música de Raquel, a nosa mestra de Música, e letra do alumnado do CEIP Petelos. Que ben se canta aquí en Petelos!

Himno da nosa escola

Os pasados 8 e 9 de xuño, convertimos a nosa biblioteca nun estudo de gravación, para gravar o Himno da nosa escola, con letra composta polo alumnado de 6º, que remataron este ano a súa andaina por este colexio, e con música da nosa mestra de Música. Foi unha experiencia moi novidosa e fantástica para tod@s, xa que veu Anxo Xesteira, un técnico de son e montou os seus aparellos por toda a biblioteca: micrófonos, cascos, cables, unha pantalla xigante... pareciamos profesionais! Ademais, tamén nos acompañou Fefi Senlle, que coa súa cámara de vídeo foi recollendo todos os momentos da gravación en vídeo, e con fotos, moitas fotos. Todo este material, xunto con outras tomas que gravaremos o vindeiro curso, utilizarémolo para crear o noso "vídeo oficial" da escola, acompañando á música do noso himno. Nos seguintes enlaces podedes escoitar o "Himno da nosa escola", e tamén ver un vídeo que nos mostra como foi a gravación e que ben o pasamos!

Esperamos que vos guste.

 

Estrea do Himno doa nosa escola

E por fin chegou o día da reapertura da nosa biblio, que levaba moito tempo en reformas! Foi o xoves 2 de xuño, e para celebralo, puxemos a nosa nota musical. Comezou o acto coa actuación de dous magníficos pianistas de 5º curso: Izan e Iker, e para rematar, o alumnado voluntario de 3º, 4º, 5º e 6º curso, interpretaron por primeira vez en público o Himno da nosa escola, que tantos e tantos luns no recreo, ao longo do curso ensaiaron. E fixérono moi ben! Esperamos que o disfrutedes.

Onde reina a paz (Cantiga da paz 2022)

Para celebrar o Día da Paz, ademais das actividades propostas dende o Equipo de Convivencia do cole, na aula de Música estivemos traballando a canción "Onde reina a paz", composta expresamente para o cole por Chus Domínguez, e que tivemos a sorte de gravala coas voces de nenas e nenos da nosa escola, comprobando unha vez máis o ben que se canta aquí en Petelos. Ademais fixemos un vídeo da canción, e aquí tedes o resultado. Esperamos que o disfrutedes.

Cantos de aguinaldo 2021

Este ano retomamos unha das tradicións que máis nos gustan: ir pedir o aguinaldo polas clases. Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos.

Medomedá 2021

Na clase de Música, o alumnado de 1º falamos dos nosos medos e debuxámolos. En plástica, o alumnado de 3º desenvolveu a súa creatividade creando uns monstros moi terroríficos. E cos debuxos dos medos do alumnado de 1º, e cos monstros creados polo alumnado de 3º, ilustramos a canción "Medomedá", de Magín Blanco, e o resultado podedes comprobalo vendo o seguinte vídeo. Esperamos que vos guste.

Cantiga do Magosto

Hoxe, día de San Martiño, aínda que nós xa celebramos o noso Magosto na escola, deixamos aquí a gravación da cantiga do Magosto deste ano, con música da profe Raquel e letra feita polo alumnado de Petelos. Esperamos que a disfrutedes!

Conto musical: Os meus amigos os animais

Pois xa temos aquí o conto musical "Os meus amigos os animais", de Ambrosio González, gravado e ilustrado polo alumnado de 4º durante o curso pasado, cando estaban en 3º, na aula de Música. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Construcción de instrumentos musicais 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º curso construiu esta marabilla de instrumentos musicais. Noraboa polo voso traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut