Os alumnos de primeiro para conmemorar o día da poesía prepararon a poesía ´´A la prima primavera´´ de Gloria Fuertes.Disfrutade do seu recitado tan fantástico.
Durante a semana do 22 ao 26 de Marzo adicámoslle a hora de ler a Poesía.
A actividade proposta polo equipo da biblioteca do centro foi traballar a poesía e que o alumnado fixera unha grabación da mesma.O día 30 de marzo na hora de ler escoitariamos as poesías das outras aulas do cole. A clase de segundo traballou o libro : ´´Versos para comérselos´´ de Sagrario Pinto. En pequeno grupo preparamos a poesía, escribímola e ilustrámola para grabala. Aproveitamos o traballo coa poesía para elaborar uns paneis ilustrados e para traballar co escornabot.Tamén investigamos sobre os códigos QR e en cada panel creamos un para cada poesía.
Hoxe o alumnado de terceiro de EP realizou un encontro virtual co escritor Carlos López autor do libro ´´Bichería´´ que estiveron a traballar na aula na hora de ler dentro do itinerario lector.
Carlos comenzou a charla dando as grazas ao centro e as nenas e os nenos por invitalo, pois el coma escritor sentíase solidario e encántalle estar en contacto cos seus lectores.
Comentou que o que máis lle gusta era escribir sobre animais, seres fascinantes polas cousas que podían facer, enlazando con alusións ao libro e explicándolles a elección dos animais e a súa forma de describilos.
A continuación cada neno falou co autor a modo de entrevista preguntándolle o que querían saber.Finalmente Carlos prometeulles que en canto voltará todo a normalidade, viría ao colexio en persoa, o que supuxo unha grande alegría para o alumnado.
O alumnado de 2º e 6º de primaria estiveron a traballar a creación de cómics con motivo do DÍA DO CÓMIC, que se conmemora o 1 de maio.
Comenzamos explicando que era o cómic, como unha serie de viñetas que contan unha historia en forma de debuxos encadrados nunhas viñetas e que conteñen uns diálogos ou pensamentos escritos dos seus personaxes nunha especie de bocadillos.Que existían cómics mudos que soamente constanban de imáxenes pero que no precisaban palabras para entendelos.
Seguidamente explicamos os pasos para realizar facer un cómic e empezamos a crear.
O alumnado de 5º nivel contou cun obradoiro de Creación Literaria a cargo do escritor Miguel Alonso Diz o luns 26 de Abril.
Miguel Alonso é autor de ¨Música no faiado¨, ¨A nena á que non deixaban ser feliz¨ entre outos libros. Esta actividade foi proposta polo Concello de Mos con motivo do Día do Libro.
O escritor comezou falando un pouco sobre o que significa ser escritor, e que todas e todos temos algo que contar, que aínda que nun momento determinado nos poñamos diante do papel e non nos saia nada, non quere dicir nada, que a el tenlle pasado iso moitas veces, que a inspiración non vén sempre que queremos, pero que por iso non temos que desistir. E adiantou que todo o que ían escribir nesa sesión ía estar todo ben, que escribisen sen medo porque todas e todos tiñan algo que aportar.
Logo continuaron falando un pouco sobre os libros que lles gustaban a cada un. Comentou tamén o poder máxico que tiñan os libros, pois a diferencia do cine, e inclusi dos videoxogos, un libro é como algo aberto, pois deixa espazo á nosa imaxinación para que nós imaxinemos as historias que neles se describen, cousa que nas películas e nos videoxogos non, é todo como máis pechado, e nós somos espectadores pasivos.
Despois mandoulles coller un folio a cada un, e escribir dúas palabras calquera (tiñan que ser substantivos), e mandoullas dicir en alto. Cada un foi dicindo as súas palabras en alto, e logo el, a cada nen@ asignoulle dúas (unha propia e outra d@ compañeir@), e con esas palabras tiñan que construír un pequeno texto.
Chegando o mes de Maio no noso centro celebramos a FESTA DOS MAIOS.
O alumnado do centro aportou os materiais e elaborou a parte asignada pala confecionar o maio: :Infantil e 1º nivel realizaron as cadeas de flores, 2º nivel a cadea de ovos, 3º-4º nivel as cadeas de laranxas e limóns e 5º e 6ºnivel a estructura do maio realizado con fiuncho.
Cada aula creou as súas coplas nas titorías que ensaiaron coa mestra de música Raquel . O mércores 5 de maio cada aula saiu o recinto do patio onde estaba colocado o maio a cantar as súas coplas , acompañados ao acordeón pola mestra de música Raquel, este ano sen público por mor do COVID.
Os voluntarios da biblioteca Yago e Carla alumnos de 5º de Primaria len o conto ¨¡Se busca! Lili la liebre, ladrona de libros de Emily Mackenzie da Editorial Combel con motivo do Día do Libro.
Neste conto coñeceremos a Lili , unha lebre que lle encanta ler libros.Pero tanto lle gusta ler que queda con libros e entra nas casas da xente .Ata que entra na casa dun neno que tamén lle gustan os libros e...
O Departamento de Orientación do centro propuxo as aulas realizar un visionado de curtametraxes na hora de ler con motivo do Día Internacional Contra o Acoso escolar.O luns 3 de maio realizaremos o visionado das curtametraxes propostas e comentaremos en gran grupo as impresións.
Aqui tedes un enlace de genially para visionar as curtametraxes.