Blog da bliblioteca

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE PETELA

O PASADO DÍA 22 DE MARZO VEU AO NOSO CENTRO DE PETELOS UNS DOS MELLORES CONTACONTOS QUE TEMOS EN GALICIA IAGO LÓPEZ (Iago López Santos (Ourense 1977) é mestre en Educación infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil publicou os álbums “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016) e "O cociñeiro Martiño ). 

VEU A CONTAR O CONTO DE AXENTE RIZIÑOS PARA INFANTIL, 1º E 2º. E PARA 3º E 4º CONTOU A HISTORIA DE TARZÁN DE GOMA.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O NOSO COLE DE PETELOS SÚMASE Á CONMEMORAR O 2 DE ABRIL PORQUE É O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.  ESTE  É O VÍDEO PROMOCIONAL  ( NUN MAR AZUL) GRAVADA NA PRAIA DE PINTÉNS, NA PENÍNSULA DO MORRAZO, NA PRIMAVEIRA DO ANO PASADO, POR PARTE DAS FAMILIAS AZUIS. MÁIS INFO SOBRE ESTA ASOCIACIÓN NO SEU FACEBOOK.

SEMANA DA PRENSA

"PETELA QUERE BOAS NOVAS".

CELEBRAMOS A SEMANA DA PRENSA E O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

 
Álbum: BibliotecaAntigos -> Prensa
Archiviato in:

Petelas e Rosalía

O pasado sábado 24 de febreirocelebrouse a Dia de Rosalía e no noso cole estivemos lendo poemas da nosa mellor escritora ó longo de toda a semana e agora estamos facendo un mural cos poemas escollidos polos rapaces  e cos debuxos que fixeron coa mestra de música Raquel .

Podedes pulsar neste enlace para ver un video dos rapaces de  5  anos cantando por Rosalía.

 

 

ABRE A FIESTRA E LE OS POEMAS DE ROSALÍA

GRAZAS A RICARDO
 ( mestre de pintura ) que nos axudou facendo estas fermosa casiña,( réplica da casa de Rosalía situada no municipio de Padrón). 
Os nenos e nenas de primaria eleximos os poemas que máis nos gustaron e tame´n fixemos xunto coa mestra Raquel unhas caricaturas moi chulas da nosa grande Rosalía.
 
Álbum: BibliotecaAntigos -> Rosalía

O DÍA DA PAZ

Celebramos no cole o día da paz e dende a biblio tamén participamos con tres murais feitos polos rapaces con palabras bonitas relacionadas coa Paz. Petela quedou encantada tamén coa canción que nos ensinou a profe Raquel acompañada con lingua  de signos "Todos somos capitáns" do libro A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO. Aquí deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos todos xuntos no patio cantando e bailando. 

 

 

 

Álbum: BibliotecaAntigos -> Día da Paz

A NOSA PETELA VÍSTESE DE NADAL

A NOSA MASCOTA DA BIBLIO PETELA PREPÁRASE PARA AS FESTAS...ENTRADE NA BIBLIO RAPACES E VEREDES CANTOS CONTOS PODEMOS DISFRUTAR!!!!. AQUI TEMOS OS DÍPTICOS COAS RECOMENDACIÓNS DOS CONTOS QUE SE PODEN MERCAR NESTAS FESTAS DE NADAL.

 

Álbum: BibliotecaAntigos -> Petelas 2015

A NOSA PETELA VÍSTESE DE NADAL

A NOSA MASCOTA DA BIBLIO PETELA PREPÁRASE PARA AS FESTAS...ENTRADE NA BIBLIO RAPACES E VEREDES CANTOS CONTOS PODEMOS DISFRUTAR!!!!. AQUI TEMOS OS DÍPTICOS COAS RECOMENDACIÓNS DOS CONTOS QUE SE PODEN MERCAR NESTAS FESTAS DE NADAL

O SAMAÍN DE PETELOS

Dende a biblioteca do noso cole, na semana do Samaín fixemos moitos contacontos de medo cos nosos mestres e mestras. Cada profe contou un conto de medo aos cativos doutros cursos e pasámolo moi ben. Ademais aprendimos a verdadeira orixe do Samaín e nós mesmos fixemos un audio que podedes escoitar vendo o seguinte video.