Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

Reunión titorías 1º Nivel de Primaria 2014/15

Convocamos ás familias do alumnado de 1º de Primaria a unha reunión informativa con titoras e profesorado sobre as normas do centro e a organización do curso 2014/15.

Data: Luns 15 de setembro

Hora: 16:45 h

Lugar: Biblioteca do centro

Inicio de curso. Calendario escolar 2014/15

ACTIVIDADES LECTIVAS

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2014 ao 19 de xuño de 2015, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h.

Reunión 4º infantil: Periodo adaptación

Informamos da convocatoria de reunión coas familas de 4º de Ed. Infantil para tratar entre outras cuestións, o PERIODO DE ADAPTACIÓN e entrevista persoal.

Data: 4 de setembro de 2014

Hora: 16:30h

Lugar: Biblioteca do centro

 

Libros de texto Curso 2014/15

Xuntamos listados de libros de texto para o curso escolar 2014/15

Ed. Infantil Ed. Primaria

A nena e o grilo nun barquiño

Este xoves, como festival de fin de curso, tivemos a actuación de Magín Blanco e o seu grupo. O título da actuación:  A nena e o grilo nun barquiño. Música do século XXI con tintes de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes.

Os nenos e nenas acompañaron a estes músicos en moitas das súas cancións que tiñan traballado en música.

Non puidemos ter mellor remate de curso!

(Ver fotos)

 

Flash Mob

Este mércores, gravamos no colexio un flashmob. Empregamos a canción e a coreografía de Móvete que promove a Xunta de Galicia dentro dun proxecto de saúde.

Unha equipa composta por Pablo Garaloces, Pablo Fontenla e Gaspar Broullón foi a encargada de facer a parte técnica do vídeo. A través dun helicóptero drone dirixido por control remoto captaron imaxes aéreas espectaculares.

En breve teremos o vídeo para publicalo, como adianto podedes ver algunhas fotos. Moitos agradecementos a Pablo G., Pablo F. e Gaspar!

 

Making-of 2; un DRON chamado GARACÓPTERO

Asi fixemos o flash mob coa axuda inestimable de Pablo Garaloces e o seu "GARACÓPTERO, así chama ao seu dron, grabando fermosas imaxes aéreas de MÖVETE.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Making-of 1; así se fixo o Flash mob

Presentámo uns videos nos que podemmos ver partes da grabaciñon do flahs mob "Móvete" no que participou todo o alumnado e profesorado do centro, dirixidos polos profesionais da imaxe e o son, (Pablo Garaloces, Pablo Fontenla e Gaspar Broullón) que de xeito desinteresado se prestaron a realizar este traballo que presentaremos definitivamente no comezo do próximo curso 2014/15.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Axudas libros de texto 2014/15

A Consellería de Educación convoca as axudas para a adquisicin de libros de texto para o curso 2014/15.

No DOG sae publicada a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Máis información na páxina da Consellería e no Diario Oficial da Xunta de Galicia

Xornada de portas abertas e fin de curso 2014

Información de interés para a comunidade escolar:

XORNADA DE PORTAS ABERTAS FAMILIAS:

Luns 9 de xuño ás 17:00 h. Biblioteca do centro.

Informamos que o próximo luns 9 de xuño celebraremos a xornada de portas abertas no centro. Ás 17 h., na biblioteca do centro, convocamos unha reunión informativa, na que se exporán as liñas de traballo do centro, as normas e regulamentos, os servizos e as actividades complementarias. Remataremos cunha visita as instalacións do centro.
A segunda parte da reunión estará especialmente adicada ao novo alumnado de educación infantil, que será informado por profesorado dese ciclo.
A convocatoria é para toda a comunidade escolar, especialmente para as novas incorporacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut