Ao longo do mes de setembro e outubro celebramos as primeiras xornadas de portas abertas ás familias. O noso propósito foi dar a coñecer as actividades que realizamos , amosar o noso funcionamiento e tamén convidar aos pais e nais a colaborar con nós nas actividades que estamos argallando para este curso. Unha destas colaboracións permitirá editar todos os meses unha Axenda Cultural na que recolleremos actividades culturais, deportivas e educativas que teñen lugar na nosa comarca e que recibirides nos vosos fogares.
Tamén realizamos as sesións de formación, para o noso alumnado no que se lles presentaron as normas de uso deste servizo e se lles explicou como están organizados os nosos fondos co fin de facer usuarios autónomos. Este traballo terá continuidade nas titorías.