Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).
Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.
PERIODO DE RESERVA DE PRAZA: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
Documentación:
- ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º)
- Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).
Tamén poden acceder a descarga e información sobre o proceso de admisión na seguinte ligazón á web da Consellería.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO 1.pdf | 1.04 MB |
SOLICITUDE RESERVA PRAZA.pdf | 101.93 KB |
INFORMACION RESERVA CENTROS ADSCRITOS.pdf | 129.4 KB |