O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria está a elaborar carteis co fin de concienciar sobre distintos aspectos da discapacidade e accesibilidade.
Despois de reflexionar nas aulas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, queren reflectir, plásticamente e cun lema, a importancia de mellorar e investir en accesibilidade dende a mirada da igualdade e a inclusión.