Introducción
Dentro de moi poucos días, celebraremos a festa máis aterradora do ano: O Samaín.
Polas nosas rúas e aldeas percorrerán pantasmas, bruxas, esqueletes, monstros e outros seres de ultratumba.
Se ti es un chisquiño curioso, seguro que che gustaría saber cal é a orixe desta arrepiante festividade ou responder a estas outras cuestións: Por que nesta noite saen estas espantosas criaturas? Por que a xente coloca esas horribles cabazas nas fiestras das casas?
Se non tes medo co que vas atopar, estás no lugar axeitado para saber máis acerca desta pavorosa festa!
Última modificación: martes, 6 de setembro de 2016, 4:04 PM