Biblioteca
Chega a primeira maleta de Chispa
Hoxe foi Chispa ao cole!! Cando escoitamos a música saímos todos ao corredor (sen correr) para subir (que no noso cole se sube) á biblioteca.Por pouco a vemos, pero escapou antes de tempo. Chispa é moi pillabana e nunca deixa que a vexamos de todo (ás veces vémola un pouco); hoxe Xaime, o noso conserxe estivo a punto de falar con ela pero, antes de se dar conta, xa non estaba. Pffff! Sempre igual! A maleta pesaba tanto que case non podiamos con ela. Pensamos que traía ladrillos dentro. De verdade que pesaba un montón. Pero resulta que noooonnn, que non traía ladrillos. Viña cheíña de sorpresas: bolsas personalizadas para o empréstito de libros dos máis peques; para os maiores, unhas chapas co novo nome da biblio; para o Equipo da Biblioteca, outras co logo do EQUIPO!!!; e para os mestres e mestras, outras máis moi chulis. Claro, pero o mellor de todo foi o montonazo de libros que había dentro da maleta: así pesaba!
Recreos na Biblio
Hoxe Chispa deixounos unha nota moi pequena debaixo da mesa grande da Biblioteca. Case nin a vemos de pequena que era. Na nota poñía que dentro duns días vai pasar polo cole coa maleta, que está rematando de facer unhas compras.
Nós estamos desexando que veña porque este curso aínda non lle vimos o pelo, e mira que a chamamos, eh?, pero nada de nada.
Esperamos que a semana que vén apareza polo cole; ademais queremos vela, que sempre se nos escapa, e non hai dereito!
Mentres agardamos, deixámosvos unhas fotos para que as vexades. Son de hoxe na hora do recreo.
A Biblioteca vai recuperando o seu ritmo.
empezamos a ver imaxes como esta.
Normalizamos as visitas e os empréstitos, o traballo do Equipo da Biblio e moitas cousas máis. Os peques xa nos visitaron varias veces e practicamos con Chispa e con Roi como hai que estar na Biblioteca, como hai que coller os libros, como hai que pasar as páxinas, como temos que coidar todo o que alí hai. E agora...
Biblioteca Xoán Farias, en Serantes, terra que o viu nacer
E a Juan, a Lourdes, á familia Farias, grazas por todo:
Publicación da FGSR sobre Juan Farias
A súa lectura achéganos á súa figura e á súa literatura. Animámosvos a entrar e mergullarse no seu mundo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6