Neste curso traballarase con diversas ferramentas dixitais que permitirán aos docentes
encher de contidos os seus cursos de aula virtual. Contemplaranse tanto os aspectos
metodolóxicos e didácticos como os técnicos e funcionais. Os participantes coñecerán
técnicas e estratexias para crear novo contido así como aproveitar aqueles que están
dispoñibles para a comunidade educativa integrando calquera deles como elementos da
plataforma Moodle co obxectivo final de favorecer o ensino mixto ou non presencial.
- Docente Editor: María Ángeles Sanmartín Santiago