Skip to Content

BENVIDA

 CEIP NOALLA-TELLEIRO

Benvidos á nosa web! Nela atoparás información a cerca do centro e das actividades educactivas que se levan a cabo tanto dentro como fora das aulas.       

                                                           

CALENDARIO FINAL DE CURSO

CALENDARIO FINAL DE CURSO

 

Remate das clases: venres 21 de xuño ás 14:00

 

Publicación das notas en abalar: luns 24 de xuño ás 14:00

 

Entrega do boletín de notas ás familias:

martes 25 de xuño de 11:00 a 12:00. A entrega farase polos

respectivos titores.

 

Período de reclamacións ante a dirección do centro:

mércores 26 de xuño e xoves 27 de xuño. Comunicación da

reclamación ao interesado o venres 28 de xuño.

 

No caso de persistir o desacordo coa cualificación final

outorgada, o alumno/a ou o seu representante pode solicitar

que se eleve a súa reclamación ante á Xefatura Territorial

durante os dous días hábiles seguintes á notificación da

resolución por parte da dirección do centro: o luns 1 de xullo e

o martes 2 de xullo.

LETRAS GALEGAS CEIP NOALLA TELLEIRO

LETRAS GALEGAS 2024 CEIP NOALLA TELLEIRO

VIDEO DO ALUMNADO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Prazo de solicitude: Do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra o Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

♦ Documentación complementaria:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

 

NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa)

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que solicitou a súa admisión no centro para o curso 2024-2025 foi admitido.

Cando se abra o período de FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA porémonos en contacto contacto coas familias para levar a cabo o proceso.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

 

Solicitude de Admisión

 

CURSO 2024-2025

 

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

 

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces anexo galego ou anexo castelán os documentos, ou empregando os adxuntos ó final deste texto, logo cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-->Reserva/Admisión-->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisión alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-->Admisión-->Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros e axudas para material.

Poderán consultala no centro de xeito presencial ( de luns a mércores de 9:00 a 12:00) no tabolerio de anuncios situado no interior do propio centro de acordo o establecido no artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

O CONXERXERÍA DO CENTRO ESTARÁ ABERTA DE LUNS A MÉRCORES DE 9:00 a 12:00.

Tamén poden acceder ó seu expediente con Chave 365 ou certificado dixital.

 

Queda aberto un período de relcamacións ata o 12 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO

PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MARÍCULA:

ÁBRESE O PROCEDEMNTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA QUE REMATARÁ O 30 DE XUÑO.

PÉDESE VIR BUSCAR Ó CENTRO O SOBRE COS DOCUMENTOS QUE HAY QUE CUBRIR.

  1. ANEXO III-1 DEBIDAMENTE CUBERTO (adxúntase ó final deste texto) ou pode atopalo na folla 39 da Orde do 12 de marzo de 2013 ou no anexo adxunto

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  3. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).

  4. Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.

  5. Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.

  6. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2020). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  7. 2 fotos do alumno/a tamaño carné.

  8. No caso de vir doutro colexio adxuntar fotocopia do boletín de notas da última avaliación.

  9. Outra documentación: discapacidade, separación, custodia...

  10. Documentación específicos do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):

  • Autorización imaxe.

  • Elección Relixión /Valores.

  • Transporte escolar.

  • Proxecto lingüístico (idioma materno).

  • Información adicional.

CALQUERA DÚBIDA CHAMAR O 886151652

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Foron admitidas na listaxe DEFINITIVA todas as solicitudes entregadas en prazo. O listado está exposto no taboleiro de anuncios do centro.

O ALUMNADO ADMITIDO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCUILA NO CENTRO NO PERÍODO DO 20 Ó 30 DE XUÑO.

O CENTRO PORASE EN CONTACTO CON TÓDALAS FAMILIAS PARA INICIAR O PROCESO

ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

¡¡¡O PROCESO REMATA O 20 DE MARZO!!!

 

A solicitude pode de facerse no centro, será no horario09:00 a 14:00 ou por medios electrónicos (entrando na aplicación de admisionalumnado + rexistro)

É importante que, se se fai online, sigades os pasos para asinar dixitalmente e crear rexistro de entrada.

No centro hai formularios dispoñibeis, tamén se deixan os anexos (formularios de solicitude) ó final desta publicación para poder descargar e imprimir, no caso de querer entregalos no centro.

 

IMPORTANTE:

- Só se pode entregar unha solicitude (con ata 6 centros por orde de preferencia) no primeiro centro de interese.

- A existencia de duplicidade de solicitudes (sen ter renunciado a ningunha delas) poderá ser causa de perda de dereito á reserva de praza.

-Lexislación que regula o procedemento de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

Orde do 21 de outubro de 2022 

 

 

 

ANEXOS (FORMULARIOS DE SOLICITUDE):

 

Distribuir contido


by Dr. Radut