Skip to Content

Secretaría

Matrícula 2012-2013. Solicitude de admisión.

 


 


 


MATRÍCULA 2012-2013.


 


SOLICITUDE DE ADMISIÓN.


 


 


O prazo para presentar a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2012/2013 para alumnos/as novos/as no C.E.I.P. “BORMOIO-AGUALADA”, será do 1 de marzo ata o 10 de abril,  en días lectivos e dentro do horario escolar deste centro.


O alumnado que xa esté matriculado no noso centro non deberá facer reserva para o vindeiro curso.


 


DOCUMENTACIÓN NECESARIA :


                                                                                                         


·        Certificación de empadroamento (solicítase no Concello).


·        Dúas fotos tamaño carné.


·        Fotocopia do libro de familia (páxina onde está o/a neno/a)


·        Fotocopia da cartillas de vacinas.


·        Número de D.N.I. dos pais, e no seu caso dos titores.


·        Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.


·        Fotocopia da última declaración da renda (só para os usuarios que queiran empregar o servizo de comedor).



  • Documento para a solicitude de admisión (Anexo II da orde do 17 de marzo de 2007). Pódese recoller no centro ou descargala nesta páxina.

Pincha aquí


 


 


 

Festivos locais para o curso 2011-2012

As datas que non haberá clase o presente curso, a maiores das aprobadas no calendario escolar, son as seguintes:


5 de decembro. (Decidido polo Centro).


28 de maio. (Festivo do concello de Coristanco).

Axudas para libros e material escolar para o curso 2011-2012

Áta o 30 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes de axudas para libros e material escolar do curso 2011-2012 para o alumnado que o curse 1º, 2º 5º e 6º de primaria. O alumnado de 3º e 4º tamén pode solicitar a axuda para o libro de matemáticas.


Toda a información a podedes atopar nas seguintes direccións:


http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria


Solicitudes e documentación: SOLICITUDE


http://www.edu.xunta.es/web/node/1001


Contía das axudas:


http://www.edu.xunta.es/web/node/1002

Admisión de alumnado

Asunto: SOLICITUDES DE ADMISIÓN.


Todas as solicitudes de admisión foron aceptadas xa que hai máis prazas vacantes que solicitudes presentadas.


Agualada, 2 de maio de 2011


O Secretario:


Asdo: Carlos V. Couceiro Tenreiro

MATRICULA CURSO 2011-12

 O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso


2011/2012 será do 1 de marzo ao 31 de marzo , ambos os dous inclusive.


impresos de matrícula          Decreto30/2007              Orde do 17/03/2007

Distribuir contido


by Dr. Radut