Estimadas familias,
Hoxe abre o prazo para presentar as solicitudes para o fondo solidario de libros de texto, así como para as axudas de libros e material escolar. O último día para presentar as solicitudes será o venres 19 de xuño.
Lembramos que o alumnado de 1º e 2º de Primaria non ten fondo de libros polo que se tramitaran as axudas de libros e materiais.
Os libros de 3º e 5º este ano cambiarán, polo que se incorporarán novos libros ao fondo.
O alumnado que no curso 2020/2021 se incorpore a Educación Secundaria Obligatoria deberá presentar as solicitudes no Instituto ao que vaia acudir o ano que ven.
Deberase entregar o Anexo I e o Anexo II cumprimentados, así como a documentación necesaria en cada caso.
A solicitudes poderánse prensentar mediante a sede electrónica da xunta.
Ou de forma presencial no centro. Recomendamos que aproveiten o horario establecido para a devolución de libros de texto e recollida de material proporcinado polo centro.
Pregamos que lean con atención o documento adxunto onde se explica o proceso e como cubrir a solicitude, así como a documentación a presentar.
Para calquera dúbida, quedavos a vosa disposición no teléfono do centro e no correo electrónico.
Atentamente,
O equipo directivo.
Documento explicativo.
Anexo I
Anexo II
Enlace a sede electrónica
Enlace a aplicacion fondo libros.