A nosa realidade contextual, conleva que os alumnos teñan dificultades en certas prácticas deportivas fora do centro, xa que, as súas realidades son diversas e con escaso bagaxe con respecto a cultura do deporte. O obxectivo principal do PVAD consiste en primeiro lugar en formar grupo, no que a pesar das súas características individuais, saiban cooperar e traballar en equipo, despois débese espertar o interese pola práctica do exercicio físico, e en terceiro lugar, conseguir que sexan conscientes dos recursos que posúen no entro e na contorna para a práctica de actividade física e deportiva.
Pensamos nunha liña de traballo baixo un PVAD no que teremos en conta os seguintes principios:
- Desenvolver os nosos contidos en base ao xogo limpo, a deportividade e o traballo en equipo.
- Establecer unha conexión entre os contidos desenvolvidos na aula e as actividades complementarias e extracurriculares.
- Adquirir hábitos saudables.
- Desenvolver unha conciencia ambiental e sostible.
- Aumentar as horas de práctica física do alumnado para alcanzar as recomendacións da OMS.
Os obxectivos que se perseguen coa implantación deste programa son:
- Desenvolver a práctica do deporte como recreación e divertimiento.
- Fomentar entre o alumnado a adquisición de hábitos permanentes de actividade física e deportiva, como elemento para o seu desenvolvemento persoal e social.
- Realizar actividades físico-deportivas de maneira voluntaria, primando de maneira especial o tempo de lecer de maneira activa, lúdica e divertida.
- Ofrecer aos escolares programas de actividades físicas e deportivas.
- Atender a integración do alumnado de necesidades educativas especiais.
- Ser un elemento coaxudante para a integración de colectivos desfavorecidos, tales como inmigrantes, deprimidos socioeconómicos, persoas con discapacidade etc.
- Facer da práctica deportiva un instrumento para a adquisición de valores tales como a solidariedade, a colaboración, o diálogo, a tolerancia, a non discriminación, a igualdade entre sexos, a deportividade e o xogo limpo.
- Implicar nas actividades do centro á comunidade educativa da súa contorna.
- Favorecer a utilización das instalacións deportivas escolares en horario non lectivo polo alumnado.
O xoves 14 de novembro celebramos cos noso compañeir@s do CEIP ATIN CELA unha xuntanza INTERCENTROS na que os nen@s de 6º de EP de ambos centros compartiron unha mañá chea de actividades e xogos nas coñeceron distintos compañeir@s e practicaron deportes alternativos.
A xuntanza recollida dentro do programa XOGADE, transcurriu toda a mañá a través de deportes coma o BADMINTON, xogos alternativos coma O TWINCON, O PINFUVOTE E O FLOORBALL e un BRILÉ CON DOUS BALÓNS.
Dentro do noso PVAD, ademáis do fomento da actividad
física, desde a área de EF promovemos a alimentación
saudable como un dos obxectivos do proxecto. O froitómetro é
un instrumento no que a nosa mascota impulsa o consumo da
froita nas merendas do recreo, os nen@s poden obter premios
para as clases de EF, desde xogo libre a poder dirixir a sesión.
O día 23 de outubro, celebrouse na parroquia de Zamáns, O CROSS ESCOLAR, no que tomaron parte todos os centros de ensino da localidade. Esta modalidade incluída dentro do programa XOGADE, achega aos nen@s a práctica do cross, aglutinando en distintas probas por categorías os futuros atletas da zona.
Nunha mañá cun tempo excepcional para correr e con moitos nervios durante a viaxe e nos momentos previos, todos os participantes nas distintas carreiras deron a súa mellor cara; pero sobretodo compartiron horas de convivencia cos outros nenos e nenas.
Estas dúas semanas, dentro da actividade de XOGADE COÑECE O MEU CLUBE, recibimos a visita do PORRIÑO BALONCESTO BASE, Rubén tivo un acercamento cos nen@s do centro, onde a través de xogos desfrutaron dunha sesión moi entretida na que remataron con partidos entre eles.
A semana do 16 ao 20 o Clube Balonmán Porriño visitou o CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS e puidemos desfrutar dunha sesión de iniciación ó Balonmán dentro das clases de EF. Na actividade a través de XOGADE deron a coñecer ós máis pequenos o deporte a través de xogos. Ó rematar cada unha das sesións os nenos desfrutaron dun pequeno partido no que participaron algunhas das xogadoras do primeiro equipo.