¿EN QUE CONSISTE O NOSO PVAD?

 

 

A nosa realidade contextual, conleva que os alumnos teñan dificultades en certas prácticas deportivas fora do centro, xa que, as súas realidades son diversas e con escaso bagaxe con respecto a cultura do deporte. O obxectivo principal do PVAD consiste en primeiro lugar en formar grupo, no que a pesar das súas características individuais, saiban cooperar e traballar en equipo, despois débese espertar o interese pola práctica do exercicio físico, e en terceiro lugar, conseguir que sexan conscientes dos recursos que posúen no entro e na contorna para a práctica de actividade física e deportiva.

 

Pensamos nunha liña de traballo baixo un PVAD no que teremos en conta os seguintes principios:

- Desenvolver os nosos contidos en base ao xogo limpo, a deportividade e o traballo en equipo.

- Establecer unha conexión entre os contidos desenvolvidos na aula e as actividades complementarias e extracurriculares.

- Adquirir hábitos saudables.

- Desenvolver unha conciencia ambiental e sostible.

- Aumentar as horas de práctica física do alumnado para alcanzar as recomendacións da OMS.

Os obxectivos que se perseguen coa implantación deste programa son:

- Desenvolver a práctica do deporte como recreación e divertimiento.

- Fomentar entre o alumnado a adquisición de hábitos permanentes de actividade física e deportiva, como elemento para o seu desenvolvemento persoal e social.

- Realizar actividades físico-deportivas de maneira voluntaria, primando de maneira especial o tempo de lecer de maneira activa, lúdica e divertida.

- Ofrecer aos escolares programas de actividades físicas e deportivas.

- Atender a integración do alumnado de necesidades educativas especiais.

- Ser un elemento coaxudante para a integración de colectivos desfavorecidos, tales como inmigrantes, deprimidos socioeconómicos, persoas con discapacidade etc.

- Facer da práctica deportiva un instrumento para a adquisición de valores tales como a solidariedade, a colaboración, o diálogo, a tolerancia, a non discriminación, a igualdade entre sexos, a deportividade e o xogo limpo.

- Implicar nas actividades do centro á comunidade educativa da súa contorna.

- Favorecer a utilización das instalacións deportivas escolares en horario non lectivo polo alumnado.