REAPERTURA DO PROCESO DE MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2020/2021

Informamos sobre os novos prazos relacionados co proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21, publicados no DOG de hoxe.

NOTAS ACLARATORIAS:

-As solicitudes de admisión son só para alumnado de novo ingreso.

-O alumnado de 6º de Educación Primaria que fixo a Reserva de praza no IES Pino Manso non ten que presentar nada polo momento. Informaráselle da data concreta para a presentación da matrícula no instituto cando no la confirmen.

 

*Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Dende o día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

 

*Outros prazos do procedemento.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

RECORDAMOS QUE:

*Poderán descargar os impresos na seguinte aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou solicitalos na secretaría do colexio.

*Unha vez cumprimentados deberán entregalos na secretaría do centro acompañados da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas).

- Certificado do colexio de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2019-2020 (só alumnado procedente doutro centro).

- Certificado de empadronamento onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar.

- Convenio regulador ou Resolución xudicial en caso de separación ou divorcio.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

* Tamén poden facelo cumprimentando e presentando a solicitude de forma electrónica, na mesma aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado acompañada de copias en soporte electrónico da documentación.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer