Eventos
Os alumnos de ed. infantil de 3, 4 e 5 anos realizarán unha visita a Novacaixagalicia para asistir a representación teatral"Guyi, Guyi", o seu término farán un pequeno descanso para tomar a merenda. Para finalizar da xornada farán unha visita guiada polas instalacións de Vigozoo.
O próximo día 26 de maio, os alumnos de 6º de Ed. Primaria realizarán unha visita ao muiño da Torre. Aproveitando as posibilidades da contorna poderán coñecer un muiño, ademáis irá acompañado dunha explicación sobre o seu funcionamento dada polo seu dono. O percorrido ata o muiño realizarase a pé dende o colexio, polo que terán que vir con roupa axeitada.
O próximo día 26 de maio os alumnos de 3º de Ed. Primarias participarán nun taller de froita de temporada, no propio centro.Consiste nunha breve explicación da importancia da froita para a nosa alimentación así coma as súas propiedades e a continuación unha degustación das mesmas.