Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

Canto sabemos da China!!

Os rapaces e as rapazas de 2º de Primaria tiñan curiosidade por aprender máis sobre outra das marabillas do mundo:

A Muralla China.

En infantil saben unha morea de cousas sobre este lugar e as súas costumes, así que as nenas e os nenos de 5 anos A e B tiveron o placer de explicarlles todo a que levan investigado durante este trimestre!!!!

Se queredes ollar as fotos do momento pinchade aquí.

Samaín infantil

Como en cada Samaín a Bruxa Maruxa veunos visitar para contarnos os seus "Contos ás escuras"

Nós tamén  a sorprendemos entoando algunha terrorífica canción...preme aquí para ver algunha imaxe. 

 

 

Aquí vos deixamos un dos contos que nos contou a Bruxa Maruxa, a nós encántanos "Corre, corre cabaciña" 

O SAMAÍN DOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

O 28 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN NA NOSA CLASE E PARA QUE O VEXADES  FIXEMOS UNHA PEQUENA MONTAXE COAS FOTOS QUE SACAMOS

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

Para velo pincha no seguinte enlace

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com/

OS NENOS E NENAS DE 2º A E B

foto grupo.jpg

O Samaín

Trasnos, bruxas, esqueletes, cabazas..., e un cento máis de seres terroríficos andan soltos polo cole!!!!!! En infantil xa nos viñeron visitar e pasámolo de meeeeedo!!

Pronto veredes as fotos pero, polo momento, aquí tedes unha canción coa que nos divertimos estes días! 

O festival do medio outono

 

Durante este curso os nenos e as nenas de Educación Infantil imos aprender moreas e moreas de cousas sobre unha das MARABILLAS DO MUNDO:AGran Muralla China. E como somos moi, moi curiosos andamos a investigar sobre as costumes deste lugar.

Chegou aos nosos oídos que na China celebran o outono dun xeito algo diferente a nós,...así que quiexemos festexalo todos xuntos, preme aquí para ver algunha foto

 Esta foi a historia que nos contou a simpática china que nos veu visitar:

"O Festival do Outono celébrase na China o décimo quinto día do oitavo mes luar e faise na honra da lúa para pedirlle boas coseitas.

Con este motivo contan a seguinte lenda:

Hou Yi, foi un valente guerreiro e arqueiro que derribou coas súas frechas nove dos dez soles que perxudicaban aos cultivos. A raiña da corte celestial deulle un remedio capaz de facelo inmnortal como recompensa; pero a muller de Hou Yi, chamada Change, que era moi curiosa e desconfiada, bebeu o remedio a espaldas do seu home e, como consecuencia, comezou a sentirse lixeira e a flotar. Ao decatarse do que pasaba quixo revertir o seu acto metendo os dedos na gorxa para botar a pílula. Change comezou a tusir e cuspiu a pílula, a cal, ao tocar o chan transformouse nun Coello de Xade cun pilón e un morteiro. Mais de nada lle serviu todo isto á muller, que continuou a subir e subir ata chegar á lúa onde ficou alí para sempre.

Segundo a lenda, a dama pasou a ser a dona do Alcázar da Lúa, onde vive co seu leal coello de cor de xade que a acompaña mentres machaca mateiais medicinais todos os días, preparando menciñas e mailo elixir da inmortalidade para aqueles mortais que o merazan. Ademais, tamén se ve unha árbore que se chama osmato que mide 1500 metros de alto. Debaixo desta árbore atópase Wu Gang, un leñador que, querendo acadar a inmortalidade, ofendeu aos deuses, polo que estes castigárono  a cortar a árbore máxica como castigo.

Nesta noite, a lúa aparece en todo o seu esplendor e a familia enteira reúnese para comtemplala mentras degustan pasteis lunares. Cando pasa algunha nube por diante da lúa durante eses intres, os pais chineses dinlle aos seus fillos que é o coello fedello a correr pola superficie lunar. 

Benvidos!!!

O pasado luns contamos cunha visita moi especial. Viñeron ao cole os nenas e as nenas que empezarán o cole o vindeiro curso. Foi unha xornada do máis simpática na que compartimos uns momentos de xogo cos nosos novos compañeiros. Así que, dende aquí queremos darlles a BENVIDA!!!!!

Aquarim Finisterrae


Os máis peques do cole fomos de excursión ata a cidade de A Coruña.

Alí, descubrimos uns animais mariños do máis curioso no Aquarium Finisterrae.

Se queredes sorprendervos tanto coma nós premede aquí para ver algunha foto.

Chegou a primavera a infantil!!!

A primavera chegou a infantil!!!

As familias axudáronnos a crear un ambiente do máis florido, graciñas pola vosa colaboración!!!!

Ollade o vídeo e veredes que obras de arte!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet