Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

As froitas e os seus derivados.

Sabedes que coas froitas se elaboran moitos outros alimentos? Os nenos e as nenas da aula de 5 anos descubrírono fai pouco, ollade o seu traballo.

Taller de escritura china en sexto A

Hoxe Vicky veunos facer un taller sobre escritura china. Explicounos a etimoloxía das palabras, curiosidades e escribimos con tinta china e pincel, como auténticos chinos e chinas.

Para velo non tes máis que ver o seguinte picturetrail:



 

XARDÍN DE CORES II

Increiblemente certo, xa estamos na última fase da xardín de cores, a fase da reformulación e a plantación,  a máis longa no tempo, en canto a ver os resultados:

Eleximos xa as plantas para elaborar unha lista

 

Logo, chamamos a varios invernadoiros para pedir presupostos, xa que é unha parte moi importante do proxecto, xa que non contamos con moito presuposto.
Cando nos veñan tomaremos a decisión de seguir adiante ou cambiar plantas por unhas máis económicas.

Facendo unha pequena montaxe coa axuda das TICS quedaríanos así o seu deseño:

 

Onde faremos un pequeno estanque, que para a súa realización xa nos puxemos en contacto cunha empresa para encargar lona e mercar algún peixe...

                                                          Quedounos xenial verdade?

Xaque mateee...

 Xaque mate, afogado, peón, torre... e moitas cousas máis estamos aprendendo nos obradoiros de xadrez que  nos imparte Xosé tódalas tardes despois de comer...

Se queres descubrir como aprendemos xogando pincha aquí...

 

Aquí vos deixo un vídeo de Berni, espero que vos guste!!

 

Deportes paisaxísticos!!

 

 O pasado venres as categorías benxamín e alevín de fútbol sala e minibasquet do Ceip de Arzúa desprazámonos ata o CPI de Touro para xogar a segunda xornada deportiva. Cooperación, deportividade, respecto..., son algúns dos valores que dibuxaron unha paisaxe deportiva similar á do noso cole....

Preme na imaxe e descubre os deportes paisaxísticos!!

Parabéns!!

Este sábado Costel Birsanu participou na fase provincial de campo a través que tivo lugar no circuíto de Salgueiriños en Santiago de Compostela na categoría benxamín. A pesares da chuvia e do frío a participación do noso deportista foi grandiosa.

Parabéns  Costel polo teu esfozo, a túa deportividade e a ilusión coa que corres!!

Preme aquí para ver o resto das imaxes...

Os papás tamén se apuntan ao deporte...!!

 

Hoxe comezamos os entrenamentos de xadrez, e este ano están dirixidos a todo o alumnado de Primaria gracias á colaboración de José Zapata, un papá que tamén se apunta ao deporte a través de Xogade.

O noso obxectivo a parte de involucrar á comunidade educativa no noso proxecto é introducir este deporte dende as idades máis temperás...

 

HORARIOS DE ENTRENAMENTOS:         

Luns: 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB

Martes: 2ºA, 2ºB, 3ºA e 3ºB

Mércores: 1ºA e 1ºB

Xoves: 4ºA e 4ºB

 

Anímate e aprende a xogar!!

INVESTIGACIÓN DEPORTIVA!!

 

Xa empezaron a chegar as primeiras suxerencias ao buzón de Marela...

Mirade, mirade!!

 

E ti...xa deixaches a tua suxerencia...??

Se queres ver o resto das imaxes preme aquí.

AS NOSAS ENQUISAS!!

 

Os nenos e nenas de 6ºA e 6ºB repartiron as enquisas para estudiar a práctica do deporte e a actividade física no cole e nas familias que forman parte do Centro.

Aquí vos deixo os dous modelos que elaboraron, un para Primaria e outro para Infantil...

 

INFANTIL:

  

 

PRIMARIA:

  

Froita en 3 anos

Hoxe foi o primeiro día deste curso que desfrutamos de froita na escola dentro do progama AliméntaT-Ben!!

Tocounos desgustar uns riquísimos kiwis, en 3 anos A saborearon esta deliciosa froita e, tamén, fixeron agunha obra plástica, sabedes que froitas son??

Powered by Drupal - Design by artinet