Esquema semanal
XOGOS
XOGOS DE VERÁN
TANGRAM
Hoxe imos xogar co Tangram, un crebacabezas chinés. Seguro que o coñecedes.
Descargade o arquivo tangram.zip adxunto, descomprimídeo nunha carpeta e executade tangram.exe, escollede a figura e...A XOGAR!. As normas son moi doadas:
Premendo sobre unha figura co botón esquerdo do rato, seleccionámola e movémola.
Tendo unha figura seleccionada, se prememos o botón dereito do rato podemos rotala.
Se preferides facelo en papel, premede neste avión e levaravos voando a un caderno no que atoparedes as plantillas para recortar o voso propio tangram e un montón de figuras para facer con el.
E, se queredes xogar desde unha tablet ou móbil -con sistema Android-, podedes probar con algunha destas apps que atoparedes no Google Play Store. Todas son gratuítas, aínda que algunhas inclúen publicidade se xogades coa WIFI activada.
Adxunto Tamaño Tangram.zip 229.86 KB 2 cadernos para practicar coas TESOURAS.
https://drive.google.com/open?id=14L-JrkjCALs4uXxNHMDZStkshD36S7Q4
https://drive.google.com/open?id=1xJnDH9C39aMcwurAu67T5FtEhJz46kru
-Se che gustan os dinosauros e sabes contar ata 100, proba a facer os nove dinosauros que hai no caderniño que che deixo aquí.
https://drive.google.com/open?id=1Xyrh_Ovi2fuHGHDA3YJRIZZTSrTOo8uq
-Ao mellor prefires practicar a descomposición de cifras en centenas, decenas e unidades. tamén hai un caderniño para iso.
https://drive.google.com/open?id=1hlXTPAsxsJR4bpumhx2F5h5miVMrmlR_
-E, ¿como andamos de cartos?. Practica a contar moedas co caderno que che deixo.
https://drive.google.com/open?id=1iAqqD1sdzII1JSk3zbHh5Nn-iS9ySxnp
-Se o teu son as multiplicacións, aquí tes catro cadernoos para:
-Multiplicar por unha cifra. Así repasas as táboas, que tan necesarias son.
https://drive.google.com/open?id=1en-pWaTRLipkfeZy7BxJEkAgU7pNVdwf
-Multiplicar por dúas cifras.
https://drive.google.com/open?id=1VL3k2zxpUUincUm_EkCbhhgscoR3suYM
-Multiplicacións deconstruídas, como o que fai o Ferrán Adriá coa tortilla. Isto xa é de nivel, non che vou mentir, pero é moi doado. Só tes que fixarte no primeiro exemplo de cada caderniño e axiña irán todas. Lembra o da descomposición en centenas, decenas e unidades.
https://drive.google.com/open?id=1oY7_HKx2ouznZP6eUixe0pmBEmseB-fO
https://drive.google.com/open?id=1bqAtYs8mioc0Pg1caE_qfajGifMf1gLE
-E isto xa vale para toda a familia, colle as tesouras e... BINGO!. Cos números ata o 100. 44 cartóns para xogar ao bingo (páxinas 1 a 22 do caderniño) e cen fichas de números, que terás que recortar para formar unha baralla.
https://drive.google.com/open?id=1OptYz7Uy4cJPkXePYxeS1sMR-AocABlb