TAMGRAM

TANGRAM

Hoxe imos xogar co Tangram, un crebacabezas chinés. Seguro  que o coñecedes.

Descargade o arquivo tangram.zip adxunto, descomprimídeo nunha carpeta e executade tangram.exe, escollede a figura e...A XOGAR!. As normas son moi doadas:

Premendo sobre unha figura co botón esquerdo do rato, seleccionámola e movémola.

Tendo unha figura seleccionada, se prememos o botón dereito do rato podemos rotala.

 

 Se preferides facelo en papel, premede neste avión e levaravos voando a un caderno no que atoparedes as plantillas para recortar o voso propio tangram e un montón de figuras para facer con el.

 E, se queredes xogar desde unha tablet ou móbil -con sistema Android-, podedes probar con algunha destas apps que atoparedes  no Google Play Store. Todas son gratuítas, aínda que algunhas inclúen publicidade se xogades coa WIFI activada.

AdxuntoTamaño
Tangram.zip 229.86 KB
Prema na ligazón tangram-libro-figuras-edufichas.pdf para ver o ficheiro.